Kontrust
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Kontrust é un grupo musical austríaco de crossover orixinario de Viena, contando coa participación da vocalista polaca Agata Jarosz. O grupo formouse no ano 2001, e déronse a coñecer por incorporar o uso de Lederhose nas súas actuacións e vídeos músicais. Os seus temas están escritos en inglés, incorporando en ocasións partes en alemá e linguas eslavas. O seu son mestura diversos xéneros musicais que van dende o nu metal, o folk metal, rap, rock e música electrónica.No ano 2006 gañaron o premio Austrian Newcomer Awards, otuorgado a músicos revelación en Austria.[1]
O seu sinxelo "Bomba" do álbum Time To Tango (2009) estivo durante catro semanas consecutivas na lista de éxitos dos Países Baixos no ano 2010, acadando o posto número 47.[2] Ese mesmo ano foron nomeados na categoría Hard&Heavy dos Amadeus Austrian Music Awards, obtendo o primeiro premio nos mesmos.[3]
No ano 2011 participaron no festival Przystanek Woodstock en Polonia diante dunhas 300 000 persoas, acadando o récord de maior audiencia nun concerto musical dun artista austríaco.[4]
Remove ads
Discografía
- Teamspirit 55, EP (2001)
- Make Me Blind, EP (2003)
- We!come Home (2005)
- Time To Tango (2009)
- Czas To Tango (Reedición en polaco) (2011)
- Second Hand Wonderland (2012)
- Explositive (2014)
Membros
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads