Kranky Records

selo discográfico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Kranky Records é un selo discográfico independente estadounidense localizado en Chicago, Illinois. Fundárono en 1993 Bruce Adams, antigo publicista de Touch and Go Records, e Joel Leoschke, extraballador de Cargo Distribution.[1] As bandas da etiqueta destacan por combinar influencias experimentais e a miúdo tamén electrónicas, con elementos de estruturas rock máis convencionais. Moitos dos seus artistas están inspirados ou móvense ao redor da música ambient, psicodélica e experimental.

Datos rápidos Instancia de, Data ...

A primeira edición de Kranky foi o álbum de estrea de Labradford, Prazision LP, en outubro do ano 1993.[2] A partir dese momento Adams e Leoschke comezaron a fichar artistas de todo o mundo e de todo o espectro musical, destacando bandas como Low ou Godspeed You! Black Emperor.[1][3] Adams deixou o selo no ano 2006 e Leoschke continuou encargándose de Kranky coa axuda de Brian Foote, da banda Nudge.[1][2]

En xaneiro de 2020 Kranky tiña un catálogo de máis de 200 discos.[4]

Remove ads

Artistas actuais notables

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads