LARSA

empresa láctea galega From Wikipedia, the free encyclopedia

LARSA
Remove ads

LARSA (acrónimo de Láctea Agrícola Rodríguez Sociedad Anónima) é unha empresa láctea e de derivados lácteos fundada polos irmáns Rodríguez López. Actualmente forma parte do Grupo Capsa.

Datos rápidos Tipo, Fundación ...
Remove ads

Historia

En 1933 os irmáns Rodríguez López comezaron a producir de xeito profesional queixo plano tipo Arzúa na Granxa Arxeriz. Co tempo abriron unha planta industrial en Chantada e despois da guerra civil fundaron a Central Leiteira de Vigo.

En 1947 naceu Larsa como marca, coa creación de Lacto Agrícola Rodríguez, S. A. con sede en Vilagarcía de Arousa. Alí fabricaban varios tipos de queixo e a partir de 1962 leite en bolsa e posteriormente tetra-pack. En 1964, abriu a Central Leiteira en Balaídos (Vigo) e ampliou a produción a leite pasteurizado, sobremesas e nata. Nos anos 70 xa vendía en toda España.

Na década de 1980 mercou a fábrica Arxeriz en Outeiro de Rei, Iberolacto en Ourense, Xeve en Pontevedra, Ilasa en Madrid e Vega de Oro en Meira. Larsa chegou a ter 1.200 empregados e 6.000 puntos de venda cunha facturación de 20.000 millóns de pesetas. A finais desa mesma década, Larsa participou na reestruturación do sector lácteo galego, integrándose no grupo Iberlat.

En 1991 foi adquirida por Union Laitière Normande (ULN)[2]. En 1992 modernizou a planta de Vilagarcía centrando alí a produción de Larsa. En 1992 modernizouse a planta de Outeiro de Rei pasando toda a fabricación en brik a Outeiro de Rei (planta de Arxeriz) e toda a fabricación de queixo a Vilagarcía. En 1994 pasou a mans de Central Lechera Asturiana (CLAS)[2]. En decembro de 1997 integrouse en CAPSA xunto con CLAS e Ato. CAPSA é un dos maiores grupos lácteos de España.

A empresa cumpre as normativas UNE-EN-ISO 9001:2008 de calidade en Vilagarcía e Outeiro de Rei. En Lugo tamén coa UNE-EN-ISO 14001:2004.

Remove ads

Produtos

  • Leite
  • Iogures
  • Sobremesas
  • Queixo

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads