CD91

proteína da superficie celular de certas células From Wikipedia, the free encyclopedia

CD91
Remove ads

O CD91 (cluster de diferenciación 91) ou proteína 1 relacionada co receptor da lipoproteína de baixa densidade (LRP1, Low density lipoprotein receptor-related protein 1), tamén chamada receptor de alfa-2-macroglobulina (A2MR), ou receptor de apolipoproteína E (APOER), é unha proteína da superficie celular de certas células, que forma un receptor implicado na endocitose mediada por receptor. Nos humanos está codificado no xene LRP1 do cromosoma 12.[1][2]

Thumb
Modelo da LRP1 (baseado en PDB 1cr8).
Remove ads

Características

A LRP1 sinteízase como un precursor longo glicoproteico, que é procesado na rede trans-Golgi polo encima furina, xerando unha subunidade alfa e outra beta máis pequena de 85 kDa, que permanecen ligadas non covalentemente durante o seu transporte á membrana plasmática. A fosforilación da cola da LRP1 regula a introdución do ligando na célula e a transdución de sinais.[3]

Función

A LRP1 está implicada en varios procesos celulares, como a sinalización intracelular, homeostase lipídica, e eliminación de células apoptóticas.

LRP1 e a enfermidade de Alzheimer

As neuronas precisan colesterol para funcionar. O colesterol é importado ao interior da neurona pola apolipoproteína E (apoE) por medio de receptores LRP1 da superficie celular. A expresión do receptor de lipoproteínas LRP1 regula os niveis de apoE e colesterol no sistema nervioso central. A clivaxe feita polo encima gamma-secretase da proteína precursora amiloide é importante na regulación do metabolismo da apoE e do colesterol a través do LRP1, o que establece unha vinculación entre a proteína precursora amiloide e a apoE, que son os dous maiores determinantes do Alzheimer.[4]

Algúns estudos atoparon que o LRP media a endocitose e degradación da proteína precursora amiloide segregada[5]. Outros estudos indican que a alfa-2 macroglobulina (A2M), por medio do LRP, media a eliminación do amiloide beta xerado pola proteína precursora amiloide, que é o principal compoñente das placas amiloides na enfermidade de Alzheimer.[6]

Interaccións

O LRP1 ou CD91 interacciona con: apolipoproteína E,[7][8] lipoproteína lipase,[9][10][11] receptor de uroquinase,[12] MAPK8IP2,[13] activador do plasminóxeno dos tecidos,[14][15] trombospondina 1,[16][17][18] SYNJ2BP,[13] DLG4,[13] NOS1AP,[13] calreticulina,[19] APBB1,[20] ITGB1BP1,[13] MAPK8IP1,[13] GIPC1[13] e SHC1.[21][22]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads