Linfotoxina beta
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A linfotoxina beta (LT-beta) tamén chamada factor de necrose tumoral C (TNF-C) é unha proteína con funcións reguladoras inmunitarias, que nos humanos está codificada no xene LTB do cromosoma 6.[1][2][3]
Linfotoxina beta (superfamilia TNF, membro 3) | |
| Identificadores | |
| Símbolo | LTB |
| Símbolos alt. | TNFC |
| Entrez | 4050 |
| HUGO | 6711 |
| OMIM | |
| RefSeq | NM_002341 |
| UniProt | Q06643 |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 6 p21.3 |
Remove ads
Función
A linfotoxina beta é un tipo de proteína de membrana de tipo II da familia do factor de necrose tumoral. Funciona ancorando a linfotoxina alfa á superficie da célula por medio da formación dun heterotrímero. A forma predominante da superficie dos linfocitos é o complexo linfotoxina alfa 1/beta 2 (é dicir, 1 molécula alfa/2 moléculas beta) e este complexo é o ligando primario do receptor da linfotoxina beta. Un complexo menos frecuente é o linfotoxina alfa 2/beta 1. A linfotoxina beta é un indutor do sistema de resposta inflamatoria e está implicada no desenvolvemento normal do tecido linfoide. A isoforma b da linfotoxina beta non pode formar complexo coa linfotoxina alfa, o que suxire que hai unha función para a linfotoxina beta que é independente da linfotoxina alfa. O splicing alternativo dá lugar a moitas variantes de transcrición que codifican diferentres isoformas.[3]
Remove ads
Interaccións
A linfotoxina beta presenta interaccións coa linfotoxina alfa.[4][5][6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads