La Matanza de Acentejo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
La Matanza de Acentejo é un concello español situado no norte da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias. O seu nome procede dunha batalla entre casteláns e guanches que tivo lugar durante a conquista da illa no século XV e que gañaron os habitantes locais.
Limita ao norte e leste con El Sauzal, ao oeste co océano Atlántico, ao sur con La Victoria de Acentejo e ao leste con Candelaria. A altitude máxima do concello acádase no Lomo del Jugo, de 1.589 metros. A capital municipal atópase a 420 metros sobre o nivel do mar.
Tiña en 2016 unha poboación de 8.745 habitantes, a maioría deles concentrados na capital municipal, La Matanza. O resto de entidades de poboación do concello son: Acentejo, El Caletón, Guía, Las Breñas, San Antonio e San Cristóbal.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Matanza de Acentejo ![]() |
- Sitio web do concelloArquivado 26 de agosto de 2005 en Wayback Machine.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads