La Rinconada

From Wikipedia, the free encyclopedia

La Rinconadamap
Remove ads

La Rinconada é un municipio andaluz localizado na provincia de Sevilla. No ano 2008 contaba con 35.097 habitantes.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Localización e características

A súa extensión superficial é de 140 km² e ten unha densidade de 251,63 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 13 metros e a 9 quilómetros da capital de provincia, Sevilla. Áchase situado nunha planicie na marxe esquerda do Guadalquivir, formando parte da comarca de La Vega del Guadalquivir.

O municipio de La Rinconada ten dúas localidades ou núcleos de poboación importantes: La Rinconada, cuxo topónimo parece provir dunha rinconada ou lugar próximo a Sevilla desde onde o Rei Fernando III de Castela preparou o asalto da capital en 1248, e San José de la Rinconada, que xurdiu ao redor da Estación do Ferrocarril e a fábrica de azucre (Azucreira do Guadalquivir), instalada nos anos trinta, e que na actualidade alberga á maioría dos habitantes do municipio.

Ademais, esta vila pode presumir de ser o lugar desde o que o Rei Fernando III preparou o asalto á capital en 1245 e de ser unha das maiores explotacións de roseiras do mundo.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads