Labradorita
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A labradorita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo tectosilicatos, sendo un feldespato dos denominados plaxioclasios. É un aluminosilicato de sodio e calcio.
Ser, é un membro intermedio da serie de solución sólida dos plaxioclasios que teñen por extremos a albita (plaxioclasio de sodio) e a anortita (plaxioclasio de calcio). En certo xeito, pode considerarse como unha variedade da anortita.
O seu nome provén da península do Labrador (Canadá). Outro sinómino, como pode ser espectrolita, provén da iridescencia espectral que é típica deste mineral. Sinónimos pouco usados son: carnatita, mauilita, radauita e silicita.
Remove ads
Hábito
Observándoo na posición adecuada aprécianse os brillos da súa peculiar iridescencia, o que algúns denominan labradorescencia. Presenta nestes brillos un rango de cores desde a azul até a violeta, ás veces con verdes, amarelos ou laranxas, segundo a variedade. Algúns raros espécimes presentan todas estas cores á vez.
Normalmente tamén presenta maclas, producindo os cristais maclados un efecto de capas finas apiladas.
Remove ads
Ambiente de formación
Aparece na cristalización de rochas ígneas e en rochas metamórficas. É moi común que apareza labradorita nos gabros e noutras rochas ígneas máficas, xa que por norma xeral os plaxioclasios son máis cálcicas canto máis básica sexa a roca que os contén. É o principal compoñente da anortosita.
Polo seu ambiente de formación, os minerais aos que normalmente aparece asociada son biotita, piroxeno e hornblenda.
Remove ads
Localización, extracción e uso


Existes importantes depósitos no Labrador (Canadá), así como na península Escandinava.
Á parte do interese coleccionístico, a labradorita tamén ten aplicacións industriais para fabricar cerámicas, materiais refractarios e esmaltes, así como tamén se emprega cortada en lousas grandes na construción de edificacións como revestimento ornamental das paredes.
Algunhas labradoritas poden ser traballadas na xoiería.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Datos sobre localización de labradorita
- Sitio web con datos de labradorita
- Galería de minerais con información de labradorita
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Labradorita |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads