Lábridos
familia de peixes mariños From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os Lábridos (Labridae, Cuvier 1816) son unha familia de peixes mariños, incluída dentro da suborde Labroidei, da orde dos perciformes.
Remove ads
Morfoloxía


Presentan tamaños, formas e cores moi variables pero adoitan ser alargados, oblongos e comprimidos ou non. Teñen boca terminal, máis ou menos protráctil, cos labios ben desenvolvidos, estando normalmente separadas as articulacións da mandíbula; xeralmente os dentes sobresaen da boca. A aleta dorsal, única, ten de 8 a 21 raios espiñosos (normalmente menos de 15) e 6 a 21 raios brandos. Na anal, 3-6 raios espiñosos (normalmente, 3) e 7-18 raios brandos.
Poden alcanzar tamaños máximos de 2 m, pero moitos non chegan a superar os 15 cm, e o máis pequeno mide 4,5 cm.
Remove ads
Hábitat e bioloxía
Distribúense polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico. A maior parte das especies escavan área do fondo para comer invertebrados bentónicos pero tamén hai especies planctívoras.
Os lábridos son proteroxínicos: tódolos exemplares nacen femias pero, segundo medran, as femias dominantes transfórmanse gradualmente en machos, alterando tamén a súa cor (a cores máis brillantes) e aspecto físico. Se morre o macho dominante, outra femia experimentará a metamorfose e substituirá ó macho.
Aliméntanse de pequenos crustáceos, moluscos e vermes. Algunhas especies son coñecidas por actuar en simbiose con outros peixes, nadando xuntos a eles e limpándolles de ectoparasitos a boca e outras cavidades. O Labroides dimidiatus é un dos limpadores máis comúns en arrecifes tropicais.
Algunhas especies son apreciadas para acuariofilia, e outras son de grande interese pesqueiro para consumo humano, entre as que podemos citar, por seren máis coñecidas en Galicia, a maragota (Labrus bergylta), o vello (Symphodus bailloni) ou a doncela ou señorita (Coris julis).
Remove ads
Taxonomía
A familia divídese en 60 xéneros e 500 especies (FishBase).
Véxase tamén
Ligazóns externas
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lábridos |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lábridos |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads