Ladrón de bicicletas

filme de 1948 dirixido por Vittorio De Sica From Wikipedia, the free encyclopedia

Ladrón de bicicletas
Remove ads

Ladrón de bicicletas (en italiano: Ladri di biciclette) é un filme de 1948 dirixido por Vittorio De Sica. Obra mestra do neorrealismo italiano, e a máis coñecida da triloxía de De Sica, xunto a Umberto D. e Milagre en Milán.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

Foi emitido en galego pola Televisión de Galicia o 17 de abril de 2022.[1]

Remove ads

Sinopse

Na Roma da posguerra, un obreiro en paro consegue un sinxelo traballo pegando carteis a condición de que teña unha bicicleta, pero o problema é que a súa bicicleta empeñouna, polo que a súa primeira tarefa será recuperala.

Unha vez montado na súa bicicleta comeza a traballar, pero ocorre que non pasou sequera nin un día de traballo cando lle rouban a bicicleta e con ela o seu futuro. Dende ese intre e ata o final do filme a historia o protagonista xunto co seu fillo e algúns amigos, buscarán infrutuosamente recuperar a bicicleta roubada. A escena final amósanos ante o dilema moral no que o protagonista se ve obrigado a converterse el mesmo nun ladrón.

Remove ads

Personaxes

  • Lamberto Maggiorani como Antonio Ricci.
  • Enzo Staiola como Bruno Ricci, fillo de Antonio.
  • Lianella Carell como Maria Ricci, muller de Antonio.
  • Gino Saltamerenda como Baiocco, amigo de Antonio.
  • Vittorio Antonucci como Ladrón de bicicletas.
  • Giulio Chiari como Beggar.

Galardóns e nomeamentos

  • 1949: Nomeada ó Oscar: Mellor guión. Premio Honorífico ó Mellor filme estranxeiro.
  • 1949: Globo de Ouro: Mellor filme estranxeiro.
  • 1949: BAFTA: Mellor filme.
  • 1949: 6 premios do Sindicato Nacional de periodistas italianos, incluíndo, filme, director.
  • 1949: 2 premios National Board of Review: Mellor filme, director.
  • 1949: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor filme estranxeiro.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads