Lady and the Tramp
filme de animación estadounidense de 1955 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Lady and the Tramp é un filme de animación de comedia musical romántico estadounidense do ano 1955 producido por Walt Disney e estreado o 22 de xuño de 1955. O décimo quinto filme na serie de clásicos animados de Disney, foi o primeiro en ser rodado no proceso CinemaScope.[1] Baseado en Happy Dan, The Whistling Dog de Ward Greene, Lady and the Tramp conta a historia dunha cadela da raza cocker spaniel americano chamada Lady que vive no fogar dunha familia rica, e un masculino can mestizo da rúa chamado Tramp. Cando os dous cans se atopan, eles embarcan moitas aventuras románticas. Unha secuela estreada en vídeo, Lady and the Tramp II: Scamp's Adventure, foi estreada no 2001.[2]
Remove ads
Sinopse
Lady é unha fermosa cadela de pura raza que vive feliz no seu fogar. Os seus donos mímana moito e ela corresponde moi leda ós seus coidados. Porén, o día no que os seus donos deciden facer unha viaxe, a vida de Lady vese alterada; a chegada da tía Sarah cos seus gatos non provoca máis que sobresaltos. Menos mal que coñece a Tramp, un can da rúa moi galán.
Personaxes
- Barbara Luddy como Lady
- Larry Roberts como Tramp
- Bill Thompson como Jock, Joe, Bulldog, Dachsie, Policeman
- Bill Baucom como Trusty
- Verna Felton como Tía Sarah
- George Givot como Tony
- Lee Millar como Jim Dear
- Peggy Lee como Darling, Si e Am, Peg
- Stan Freberg como castor
- Alan Reed como Boris
- Thurl Ravenscroft como Al o crocodilo
- Dallas McKennon como Toughy, Pedro, Profesor, Hiena
- The Mellomen como Coro de cans
Remove ads
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads