Lae

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Lae (tamén coñecida como Laé ou Lahe)[1] é unha cidade de Papúa-Nova Guinea. Conta con 73.918 habitantes (2008) e é a segunda cidade máis poboada do país; por detrás da capital, Port Moresby. Está considerada como a capital industrial do país. É a capital da provincia de Morobe.

Para o atol das illas Marshall vexa : Atol Lae
Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

A cidade naceu a causa da febre do ouro producida entre 1920 e 1930. Ao igual que numerosas cidades de Papúa-Nova Guinea, xurdiu nas proximidades dun aeródromo, o cal agora non se usa ao construírse o Lae Nadzab Airport.

En xullo de 1937, Lae saltou á escena mundial debido á desaparición da aviadora americana Amelia Earhart, a cal foi vista por última vez engalando aquí no seu camiño de volta aos Estados Unidos.[2]

Cando se deron unha serie de erupcións volcánicas en Rabaul en 1937, tomouse a decisión de trasladar a capital do Territorio de Nova Guinea a Lae.[3]

A segunda guerra mundial tamén afectou á cidade e, en 1942, esta foi ocupada polo Imperio do Xapón. Lae, Rabaul e Salamaua convertéronse nas principais bases xaponesas en Nova Guinea.[3] A mediados de 1943, despois das derrotas na campaña Kokoda Track, a Batalla de Buna-Gona e a Batalla de Wau, os xaponeses foron obrigados a retirarse de Lae, que foi eventualmente ocupada polos australianos.[3] Mais a campaña de Salamaua-Lae durou varias, semanas con feroces combates, antes de que a cidade caese en mans aliadas, o 16 de setembro.

Despois da segunda guerra mundial, a cidade de Lae desenvolveuse en base a plantacións de café e e a construción dun porto. Máis tarde, melloráronse as estradas e a autoestrada Highlands Highway entrou en funcionamento. Durante o auxe mineiro da década de 1980 e 1990, aumentou a importancia de Lae como centro económico.[3]

En 1991, Lae e Port Moresby foron sede dos Xogos do Pacífico.

Remove ads

Xeografía

Lae está situada no Golfo de Huon (mar de Salomón), na desembocadura do río Markham. Ten unha temperatura máxima de 31 °C e unha mínima de 22 °C, cunhas precipitacións medias de 4630 mm.[4]

Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Media maior (°C) 31 31 30 30 29 28 27 27 28 29 30 30 29
Media menor (°C) 23 23 23 23 22 22 22 22 22 22 23 23 22
Precipitacións (mm) 280 230 320 400 410 420 520 520 430 400 320 330 4630
Remove ads

Demografía

A cidade de Lae é a segunda máis importante de Papúa-Nova Guinea. A evolución demográfica de Lae nos últimos anos é negativa.[1]

Evolución da poboación de: Lae desde 1980 ata 2008

1980 1990 2000 2008

61 682 80 655 78 038 73 918

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads