Centro de investigación de Langley

From Wikipedia, the free encyclopedia

Centro de investigación de Langley
Remove ads

O Centro de investigación de Langley (en inglés: "Langley Research Center") (LaRC), é o máis antigo dos centros da NASA, atópase en Hampton, Virxinia, nos Estados Unidos de América. Está situado preto de Poquoson, Virxinia e da Base aérea de Langley. Aínda que o LaRC especialízase en investigacións aeronáuticas, o Módulo lunar do Apolo foi ensaiado en canto á súa capacidade de voo neste centro e varias misións espaciais de importancia foron planificadas e deseñadas neste centro.

Datos rápidos Instancia de, Epónimo ...
Remove ads

Historia

Fundado en 1917 polo Comité Asesor Nacional para a Aeronáutica, dous terzos dos programas do centro concéntranse na aeronáutica, e o resto no espazo exterior. Os investigadores do LaRC dispoñen de máis de 40 túneles de vento para estudar deseños de avións e naves espaciais máis seguros, con mellor eficacia e eficiencia. Entre 1958 e 1963, cando a NASA comezou o Proxecto Mercury, no LaRC atopábase a oficina principal do Space Task Group, dita oficina trasladouse entre 1962-63 ao Manned Spacecraft Center (actualmente o Lyndon B. Johnson Space Center) en Houston.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads