Proxecto Mercury

primeiro proxecto dos Estados Unidos para poñer un home no espazo From Wikipedia, the free encyclopedia

Proxecto Mercury
Remove ads

O proxecto Mercury foi o primeiro proxecto dos Estados Unidos para poñer un home no espazo. Foi seguido polo programa Gemini e o proxecto Apollo e xa máis tarde polo programa do transbordador espacial.[1][2]

Thumb
Logo do proxecto Mercury.

O contratista elixido para construír a cápsula Mercury, deseñada por Max Faget, foi a McDonnell Aircraft. O tamaño e masa da cápsula eran o mínimo imprescindible para levar a un home a órbita dadas as limitacións do foguete elixido para lanzala tripulada, o Atlas LV-3B, e de feito as cápsulas tiñan un peso dun terzo das cápsulas Vostok soviéticas, e mentres as Vostok eran capaces de misións de ata unha semana, as Mercury tiñan unha capacidade de ata 24 horas.[1]

Incluíndo voos de proba e voos orbitais, lanzáronse ou intentáronse lanzar 25 cápsulas Mercury. Tódolos lanzamentos tripulados tiveron éxito, aínda que nalgúns momentos con perigo para o astronauta.[1]

Remove ads

Astronautas

Thumb
Astronautas do Proxecto Mercury

Os sete astronautas do proxecto Mercury (coñecidos popularmente como os sete de Mercury) foron os primeiros astronautas estadounidenses, elixidos mediante rigorosas probas. Foron os seguintes:

Historial de lanzamentos

Máis información Voo, Data ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads