Gaivota polar

ave da familia dos láridos From Wikipedia, the free encyclopedia

Gaivota polar
Remove ads

A gaivota polar[2][3] (Larus glaucoides) é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Thumb
Larus glaucoides
Remove ads

Características

Gaivota grande semellante á Gaivota hiperbórea. O corpo é branco con ás grises de ton pálido. A cabeza e a cola presenta manchas agrisadas. Peteiro amarelo cun pequeno sinal vermello na parte inferior. As patas son alaranxadas.[4]

Distribución

Cría en Groenlandia e no norte do Canadá, esporadicamente en Islandia[4]. A maior parte da súa poboación inverna na costa oriental Norteamericana, dende Terra Nova ata Florida[5]. Algúns individuos chegan ós grandes lagos e a zonas interiores dos Estados Unidos. É ocasional nas Illas Británicas e nas costas do Mar do Norte, Escandinavia e costa norte de Francia.[5] Moi rara nas costas do Mar Cantábrico e o noroeste da Península Ibérica[5]. Ausente do sur de Europa[5].

En Galicia

Invernante accidental nas costa da provincia da Coruña, sobre todo exemplares xuvenís e entre xaneiro e marzo[5]. Existen citas históricas entre os meses de outubro e marzo na provincia de Pontevedra, mais ningunha delas homologada[5].

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads