Larus
xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Larus é un xénero de aves acuáticas da orde dos caradriformes, suborde dos laros, que é o tipo da suborde e da familia dos láridos
Comprende numerosas especies coñecidas vulgarmente en galego como gaivotas ou gavotas,[1]
Son aves mariñas de mediano a gran porte, tipicamente de plumaxe gris, negra ou branca, frecuentemente con marcas negras na cabeza ou nas ás, e que teñen as patas palmadas, distribuídas por todo o mundo. Moitas delas son aves abundantes e moi coñecidas nas súas respectivas áreas de distribución.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1758 por Linnaeus na páxina 136[2] da 10ª edición do seu Systema naturae.[3]
Etimoloxía
O nome científico Larus provén do grego antigo λάῥος láros, "gaivota" (ou talvez outra ave mariña grande).[4]
Nota taxonómica
Durante moito tempo a maioría das gaivotas situáronse neste xénero, incluso ao longo do século XX.[5][6] Este sistema predominou até principios do século XXI: nos anos 2005-2007 coñeceuse que esta agrupación era polifilética.
En 2005 un estudo de filoxenia molecular realizado por primeira vez sobre todas as especies recoñecidas de gaivotas (53 especies) demostrou que o xénero Larus así concibido non era monofilético.[7] Confirmando as conclusións de dous estudos anteriores, un sobre morfoloxía,[8] e o outro sobre caracteres moleculares,[9] avogaron pola disociación de Larus en seis xéneros:[7]
- Chroicocephalus (11 especies)
- Hydrocoloeus (2 especies)
- Ichthyaetus (6 especies)
- Larus (máis de 20 especies)
- Leucophaeus (5 especies)
- Saundersilarus (1 especie).
Algunhas destas recomendacións foron inmediatamente aceptadas pola comunidade científica internacional.[10][11] Porén, algunhas aínda son obxecto de debate.
Especies
Na actualidade recoñécense as 24 especies seguintes:[2][12]
- Larus argentatus Pontoppidan, 1763
- Larus armenicus Buturlin, 1934
- Larus atlanticus Olrog, 1958
- Larus belcheri Vigors, 1829
- Larus cachinnans Pallas, 1811
- Larus californicus Lawrence, 1854
- Larus canus Linnaeus, 1758
- Larus crassirostris Vieillot, 1818
- Larus delawarensis Ord, 1815
- Larus dominicanus Lichtenstein, 1823
- Larus fuscus Linnaeus, 1758
- Larus glaucescens J. F. Naumann, 1840
- Larus glaucoides B. Meyer, 182
- Larus heermanni Cassin, 1852
- Larus hyperboreus Gunnerus, 1767
- Larus livens Dwight, 1919
- Larus marinus Linnaeus, 1758
- Larus michahellis J. F. Naumann, 1840
- Larus occidentalis Audubon, 1839
- Larus pacificus Latham, 1802
- Larus schistisagus Stejneger, 1884
- Larus smithsonianus Coues, 1862
- Larus thayeri W. S. Brooks, 1915
- Larus vegae Palmen, 1887
Remove ads
En Galicia
En Galicia pódense ver 15 especies, segundo Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López,[13] ou 13, segundo Estanislao Fernández de la Cigoña,[14] moitas delas presentes todo o ano e outras de presenza accidental.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads