Gaivotón hiperbóreo

ave da familia dos láridos From Wikipedia, the free encyclopedia

Gaivotón hiperbóreo
Remove ads

O gaivotón hiperbóreo[2] (Larus hyperboreus) é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Thumb
Larus hyperboreus
Remove ads

Características

Ave grande con plumaxe branca. A cabeza mostra un raiado gris moi característica. Ollos e peteiro amarelos. Os xuvenís tardan catro anos en acadar o aspecto adulto.[3] Cría só ou en pequenas colonias. O niño pódese situar en cantís, illas ou terreos abertos preto do mar[3]. Aliméntase de peixes, ovos e polos[3]. En inverno tamén de calaza[3].

Distribución e migracións

Presente ó norte de círculo polar, dende Alasca, Canadá, Islandia, Groenlandia e toda Siberia. As migracións invernais levan a moitos exemplares ata Florida, golfo de México e Cuba.[4] En Europa establécese nas Illas Británicas, en toda a costa do Mar do Norte e Escandinavia[3]. A España chegan individuos illados case completamente localizados nas costas cantábricas[4].

En Galicia

É unha invernante habitual, mais escasa[4]. Normalmente atópanse individuos illados entre novembro e marzo. As citas danse nas costas da Coruña e de Pontevedra[4].

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads