Le Perthus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Le Perthus (en catalán: El Pertús) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón homónimo e tiña 586 habitantes en 2008.
Atópase na fronteira con España. A estrada Route nationale 9 divide a localidade en dúas metades: a parte norte e oeste forman parte de Francia e a parte leste e sur recibe o nome de Els Límits e pertence ao concello español de La Jonquera, na provincia de Xirona.
Remove ads
Xeografía
O paso de Le Perthus (en francés: Col du Perthus, en catalán: Coll de Panissars) é o máis baixo dos Pireneos orientais. Isto explica por que a Route nationale 9 e a Autoroute A9 atravesan a devandita cadea montañosa por aquí. Tamén o fai, a través dun túnel, a liña de alta velocidade Figueres-Perpiñán, tramo da liña que une Barcelona e París.
Aínda que o pobo está situado ao sur do paso, está compartido entre España e Francia, co fin de que esta última garde a soberanía do forte de Bellegarde, que controlaba o paso entre os dous países.
A comuna de Le Perhus limita con Maureillas-las-Illas, L'Albère, Les Cluses e La Jonquera.
Remove ads
Historia
Ao principio, a localidade estaba composta de casetas aduaneiras. Foi o escenario dun éxodo masivo de refuxiados no ano 1939, con motivo da Guerra civil española, éxodo que finalizou cando as tropas franquistas lograron a posición o 9 de febreiro. Dende os anos 50, é un dos puntos de pasos máis importantes entre Francia e España e tamén un inmenso núcleo comercial, análogo ao situado en Els Límits (La Jonquera), ao outro lado da fronteira.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Le Perthus ![]() |
- Le Perthus no sitio do Institut géographique nationalArquivado 17 de xullo de 2007 en Archive.is (en francés)
- Le Perthus no sitio do Insee (en francés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads