Leave Home

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Leave Home é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de punk rock Ramones, publicado o 10 de xaneiro de 1977 a través do selo Sire Records. As cancións do disco foron escritas inmediatamente despois de rematar de compoñer os temas do seu anterior traballo. O álbum tivo un maior valor de produción que a súa estrea, e conta con tempos máis rápidos. A fotografía da portada foi tomada por Moshe Brakha, e a contraportada, que se convertería no logotipo do grupo, foi deseñada por Arturo Vega. Editáronse tres sinxelos do álbum, pero só un deles chegou a entrar nas listas. O disco tamén foi promocionado con varias xiras nos Estados Unidos e Europa.

Datos rápidos Álbum de Ramones, Publicado ...

As cancións de Leave Home concéntranse en varios temas, sendo o estilo musical tamén diverso. Algunhas cancións están máis orientadas cara ao pop, mentres que outras, como "Gimme Gimme Shock Treatment" e "Pinhead", están cheas de guitarras distorsionadas e teñen unha sonoridade máis punk rock. A canción "Carbona Not Glue" foi quitada do álbum debido a que potencialmente violaba a marca rexistrada do quitamanchas Carbona. O tema foi substituído por "Babysitter" no Reino Unido e por "Sheena Is a Punk Rocker" nos Estados Unidos (antes de incluílo en Rocket to Russia); tanto "Carbona" como "Babysitter" aparecen na edición expandida de 2001.[1]

A recepción da crítica foi en xeral favorable, con varios críticos sinalando que se asemellaba demasiado ao seu álbum de estrea. Os críticos tamén dixeron que o traballo era menos innovador que a súa estrea, pero tiña pezas humorísticas e amenas. O disco só chegou ao número 148 da lista Billboard 200 a pesar da aclamación da crítica e de que os membros da banda agardaban un maior éxito comercial.

Remove ads

Listaxe de cancións

Edición orixinal

Máis información Cara 1, N.º ...
Máis información Cara 2, N.º ...

Reedición estadounidense

Máis información Cara 1, N.º ...
Máis información Cara 2, N.º ...

Reedición británica

Máis información Cara 1, N.º ...
Máis información Cara 2, N.º ...

Edición expandida en CD de 2001

Máis información N.º, Título ...

Nota

  • Cortes 16-31 gravados ao vivo no The Roxy en Hollywood, CA (8/12/76).
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads