Leiro

concello da comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia

Leiromap
Remove ads

Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o Padrón municipal, en 2022 tiña unha poboación de 1.522 habitantes. Isto representa unha diminución constante respecto ós anos 2015, (1.630 hab.), 2004 (1.940 hab.) e 2003 (1.967 hab.).

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Demografía

Censo Total 1.675 (2014)
Menores de 15 anos 108 (6,45%)
Entre 15 e 64 anos 974 (58,15%)
Maiores de 65 anos 593 (35,4%)
Evolución da poboación de Leiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
4.973 4.470 4.197 2.488 1.940 1.833
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Remove ads

Historia

Xa no século VI existía nestas terras unha próspera comunidade agrícola. En 928 os condes Álvaro e Savita fundaron o mosteiro de San Clodio, cedido á Orde de San Bieito xunto con gando e terras nas marxes do río Avia. No século XIII incorporouse á Orde do Císter, época de máximo esplendor. No século XIX foi desocupado coa desamortización de Mendizábal.

Outras terras do concello foron administradas por Berán, Lamas, Serantes e Orega, condes de Ribadavia, e as terras de Gomariz pertencían ao mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Remove ads

Patrimonio

No concello atópase o mosteiro de San Clodio, do século VI, que na actualidade funciona como hotel-monumento de catro estrelas.

A arquitectura románica aparece nas igrexas parroquiais de Santa María de Lamas, San Tomé de Serantes (cun baldaquino gótico no seu interior), Gomariz e Lebosende (con fachada gótica do século XVI). A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada. A capela de San Pedro, en Leiro, é de mediados do século XVII.

Patrimonio natural

Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, con formacións rochosas senlleiras e un importante patrimonio natural.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Leiro.

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Leiro

Berán (San Breixo) | Bieite (Santo Adrao) | Gomariz (Santa María) | Lamas (Santa María) | Lebosende (San Miguel) | Leiro (San Pedro) | Orega (San Xoán) | San Clodio (Santa María) | Serantes (San Tomé)

Lugares de Leiro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Leiro vexa: Lugares de Leiro.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads