Leo Varadkar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Leo Varadkar (pronunciado /ˈliː.oʊ vəˈɹædkəɹ/), nado en Dublín o 18 de xaneiro de 1979, é un médico e político irlandés de Fine Gael, actual Tánaiste da República de Irlanda. Anteriormente foi ministro de Protección Social e Teachta Dála por Dublín Occidental desde 2007.
Varadkar estudou medicina no Trinity College de Dublín. Traballou durante varios anos como residente antes de cualificarse como médico xeral en 2010. En 2004 pasou a ser membro do Consello do Condado de Fingal e foi tenente de alcalde antes da súa elección para o Dáil Éireann. Foi ascendido á dirección por Enda Kenny como portavoz de Empresas, Comercio e Emprego, permanecendo neste cargo até unha remodelación en 2010, cando pasou a ser portavoz de Comunicacións, Enerxía e Recursos Naturais.
Tras a formación do goberno de coalición en marzo de 2011, foi nomeado ministro de Transportes, Turismo e Deporte. Unha remodelación do gabinete en xullo de 2014 levou a Varadkar a ser nomeado ministro de Sanidade.
Vardkar ten ascendencia india, é católico e representante democristiano. Durante o seu mandato converteuse no primeiro ministro abertamente homosexual do goberno irlandés (en oposición a postura católica). Despois de formar un goberno minoritario de Fine Gael en maio de 2016, foi nomeado ministro de Protección Social.
Tras a xubilación de Enda Kenny, foi elixido líder de Fine Gael o 2 de xuño de 2017. Foi elixido Taoiseach polo Dáil Éireann o 14 de xuño, nomeamento aprobado polo presidente de Irlanda. [1] [2]
Remove ads
Notas
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads