Leptospira interrogans
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Leptospira interrogans é unha especie de bacterias gramnegativas, aerobias obrigadas do grupo das espiroquetas, con flaxelos periplásmicos. Cando se olla con microscopio óptico a miúdo parece que ten forma de signo de interrogación, e isto é o que lle dá á especie o seu nome (interrogans). Algúns serovares patoxénicos importantes desta especie son Canicola, Icterohaemorrhagiae e Australis. L. interrogans é difícil de cultivar, require medios especiais e unha incubación prolongada.[1]
L. interrogans infecta a animais salvaxes e domésticos, incluídas mascotas. Os humanos poden ser hóspedes accidentais. Pode sobrevivir en auga neutra ou lixeiramente alcalina uns 3 meses ou máis.[1][2]
L. interrogans transmítese xeralmente aos humanos ao estar en contacto con urina dun animal infectado de forma directa ou na auga. A bacteria invade directamente o corpo a través de feridas na pel e pode replicarse no fígado e riles. Entre os factores de risco da infección están traballar en sumidoiros, agricultura, e as actividades recreativas acuáticas. A infección denomínase leptospirose (tamén causada por outras especies do xénero), a cal pode ser asintomática, ou unha enfermidade leve non específica, ou grave e mesmo mortal se causa danos importantes no fígado e insuficiencia renal (síndrome de Weil).[1]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads