Les XX

grupo de artistas belgas From Wikipedia, the free encyclopedia

Les XX
Remove ads

Os XX (en francés, Les XX) foi un grupo de vinte pintores belgas, debuxantes e escultores, que se formou en 1883 polo avogado, editor e empresario de Bruxelas Octave Maus.

Thumb
Póster da exposición de Les XX en 1889

Traxectoria

Durante dez anos, estes vingtistes, como se chamaban a si mesmos, celebraron unha exposición anual da súa arte; cada ano invitábase tamén a outros vinte artistas internacionais a participar na exposición. Entre os artistas invitados ao longo dos anos estiveron: Camille Pissarro (1887, 1889, 1891), Claude Monet (1886, 1889), Georges Seurat (1887, 1889, 1891, 1892), Paul Gauguin (1889, 1891), Paul Cézanne (1890), e Vincent van Gogh (1890, 1891).

Os XX foi, en certa medida, un sucesor do grupo L'Essor. O rexeitamento da obra de Ensor O comedor de recoiro en 1883 polo Salón L'Essor, logo doutro rexeitamento anterior polo Salón de Anveres, foi un dos acontecementos que levou á formación dos XX. A sociedade de exposición belga fundouse o 28 de outubro de 1883 en Bruxelas.

Logo da exposición de 1892, a sociedade dos XX transformouse en «La Libre Esthétique», que desapareceu coa primeira guerra mundial.

Remove ads

Once membros fundadores

  • James Ensor 1860-1949
  • Théo van Rysselberghe 1862-1926
  • Fernand Khnopff 1858-1921
  • Alfred William Finch
  • Frantz Charlet n. 1862
  • Paul Du Bois
  • Charles Goethals c1853–85
  • Darío de Regoyos (español)
  • Willy Schlobach n. 1864
  • Guillaume Van Strydonck 1861–1937
  • Rodolphe Wytsman 1860–1927

Nove membros invitados

  • Guillaume Vogels
  • Achille Chainaye 1862–1915
  • Jean Delvin n. 1853
  • Jef Lambeaux
  • Périclès Pantazis (grego) 1849-1884
  • Frans Simons 1855–1919
  • Gustave Vanaise 1854–1902
  • Piet Verhaert 1852–1908
  • Théodore Verstraete 1850–1907

Doce membros invitados posteriores

  • Felicien Rops 1833-1898
  • Georges Lemmen 1865-1916
  • George Minne 1866-1941
  • Anna Boch 1848-1926
  • Henry van de Velde
  • Guillaume Charlier
  • Henry De Groux
  • Robert Picard n. 1870
  • Jan Toorop (Holandés)
  • Odilon Redon (Francés)
  • Paul Signac (Francés)
  • Isidore Verheyden

Outros vencellados cos XX

  • Henri Jacques Evenepoel 1872-1899
  • Xavier Mellery 1845-1921
  • Jean Delville 1867-1953
  • William Degouve de Nuncques 1867-1935
  • Rik Wouters 1882-1916
  • Eugène Laermans
  • Philippe Wolfers

Estranxeiros

  • Max Liebermann (alemán) 1847-1935
  • John Singer Sargent (estadounidense) 1856-1925
  • James McNeill Whistler (estadounidense) 1834-1903
  • William Merritt Chase (estadounidense) 1849-1916
  • William Stott (británico) 1857-1900
  • Walter Crane (británico) 1845-1915

Franceses

Escritores

Villiers de l'Isle-Adam, Paul Verlaine, Stéphane Mallarmé

Compositores

César Franck, Vincent d'Indy, Gabriel Fauré, Ernest Chausson, Eugene Ysaye (violinista)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Octave Maus, L’Espagne des artistes (Bruxelas, 1887).
  • Octave Maus, Souvenirs d’un Wagnériste: Le Théâtre de Bayreuth (Bruxelas, 1888).
  • Octave Maus, Les Préludes: Impressions d’adolescence (Bruxelas, 1921).
  • Autour de 1900: L'Art Belge (1884-1918). Londres: The Arts Council, 1965.
  • Block, Janet. Les XX and Belgian Avant-Gardism 1868-1894.Studies in Fine Arts: The Avant garde. Ann Arbor: UMI Research press, 1984.
  • Les XX, Bruxelles. Catalogue des dix expositions annuelles. Bruxelas: Centre international pour l'étude de XIXe siècle, 1981.
  • Stevens, Mary Anne e Robert Hoozee, eds. Impressionism to Symbolism: The Belgian Avant-Garde 1880-1900. catálogo exposición. Londres: Royal Academy of Arts, 7 de xullo a 2 de outubro de 1994.

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads