Henri de Toulouse-Lautrec
pintor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Henri de Toulouse-Lautrec, nado en Albi o 24 de novembro de 1864 e finado en Saint-André-du-Bois o 9 de setembro de 1901, foi un pintor, impresor e ilustrador francés.
Remove ads
Traxectoria
Mocidade
Henri Marie Raymond de Toulouse-Lautrec Monfa naceu en Albi, Tarn, na rexión francesa dos Mediodía-Pireneos. Foi o primeiro fillo do Conde Alphonse e a Condesa Adèle de Toulouse-Lautrec, unha familia de orixe aristocrática que estaba a pasar momentos difíciles. Os Toulouse-Lautrec eran curmáns entre si, o que fixo que Henri sufrira unha serie de enfermidades conxénitas. No 28 de agosto de 1867 naceu outro fillo do matrimonio, pero non conseguiu sobrevivir ás primeiras semanas de vida.
Desfiguración
Ós 13 e 14 anos, Henri partiu os seus dous fémures. Os ósos non conseguiron soldar completamente debido a unha desorde xenética que lle provocara osteoporose, o que fixo que as súas pernas cesasen de crecer, chegando só medir 1,40 m de alto debido a isto.

Fisicamente incapacitado para participar nas actividades normais dun home da súa idade, Toulouse-Lautrec concentrouse na arte, converténdose así nun importante pintor postimpresionista, ilustrador da Art Nouveau e litógrafo.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads