Lie to me (serie de televisión)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Lie to me é unha serie de televisión estadounidense que se comezou a televisar en xaneiro de 2009 na cadea FOX e foi retirada de antena no mesmo mes do ano 2011.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

A serie baséase no traballo de estudo e investigación da conduta humana realizado polo psicólogo Paul Ekman. A trama xira en torno a Cal Lightman e os seus compañeiros da empresa The Lightman Group que detectan verdades e mentiras para solucionar crimes.

Remove ads

Argumento

A serie mostra as investigacións levadas a cabo polo equipo formado polo especialista no comportamento humano Cal Lightman, interpretado por Tim Roth, e os seus colaboradores, a Dra. Gillian Foster, Eli Locker e Ria Torres. Analizan as microexpresións dos músculos da cara e o corpo dos sospeitosos, que delatan os seus sentimentos e impulsos.

O tempada o equipo presta os seus servizos a entidades coma o FBI ou a policía, ademais de casos particulares.

Remove ads

Personaxes

Principais

Máis información Personaxe, Actor ...

Secundarios

  • Zoe Landau (Jennifer Beals). Avogada, é a ex-esposa de Cal Lightman.
  • Detective Wallawski (Monique Curnen). Tras abandonar a súa relación co FBI, Wallawski convértese extraoficialmente no seu enlace policial, tamén mantén unha complexa relación sentimental co Dr. Lightman.
  • Sarah Lange' (Shoshannah Stern). Estudante de posgraduado na Universidade de Princeton, que é contratada no Grupo Lightman coma axudante na redacción do segundo libro de Lightman. Ten un moderado grao de xordeira.
  • Charles (Fajim Anguar). Estudante de posgraduado que tamén e contratado para axudar a Lightman co novo libro.
  • Bernand Dillon (Conor O'Farrell). Xefe de Detectives do FBI e persoa por encima de Reynolds, mantén unha antiga rivalidade con Lightman por unha avaliación negativa que fixo este último e que atrasou o ascenso de Dillon varios anos.
  • Rick (Carter Jenkins). Mozo de Emily Lightman.
  • Alec (Tim Guinee). Marido de Gillian Foster, traballa na oficina do Departamento de Estado, ao final da primeira tempada divórcianse.
  • Clara Musso (Melissa George). Primeiro aparece como sospeitosa de homicidio pero remata sendo socia do Grupo Lightman a causa da mala situación económica desta. Tamén mantén unha breve relación sentimental con Cal Lightman.
  • Dave Atherton (Max Martini). Psicólogo dun centro de detención de menores, establece unha relación sentimental con Foster. Porén desaparece ao ser en realidade un axente encuberto da DEA e ao rematar a súa misión en curso.
  • Karl Dupree (Sean Patrick Thomas). É o mozo de Torres durante a primeira tempada, desaparece da serie ao final da mesma tras saír ferido dunha explosión.
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads