Lesma

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lesma
Remove ads

A lesma, lamagacha, limacha ou limaco é un molusco gasterópodo pulmonado, sen cuncha aparente. En realidade, as lesmas posúen un resto de cuncha, interno, formado por unha fina lámina calcaria baixo o escudo ou manto.

A súa aparencia é pegañenta e viscosa. As lesmas teñen hábitos semellantes aos dos caracois, aínda que se atopan sempre en lugares húmidos. Ao careceren de cuncha externa son máis vulnerábeis ó desecamento. Son moi comúns en bosques, campos e xardíns.

Remove ads

Alimentación

A alimentación das lesmas é variada. Prefiren as follas e outros tecidos vexetais, pero tamén poden alimentarse de restos animais. Aliméntanse de noite e poden tomar ao día unha cantidade de alimento equivalente á metade do seu peso.

Reprodución

Thumb
Lesma adulta rubindo por un terreo areoso en Bares.

As lesmas son seres hermafroditas (un mesmo individuo presenta órganos sexuais femininos e masculinos) e caracterízanse polo feito de que, durante o seu desenvolvemento, a masa visceral sofre unha torsión, enrolándose sobre si mesma. Así, adoptan a forma espiral tan característica da cuncha dos caracois. Pon os ovos entre uns días e unhas semanas despois do acoplamento. Depositan unha cantidade comprendida entre 100 e 500 ovos nun burato.

A incubación ten unha duración variable, que depende das condicións climáticas, especialmente a temperatura. A 5 graos a incubación pode durar tres meses, mentres que a 20 graos dura tres semanas. Ao saír dos ovos apenas miden uns milímetros e o seu corpo é transparente. O período de vida depende das zonas e varía entre os 9 e os 18 meses.

Remove ads

Sinonimia

Sendo lesma a forma máis estendida[1] e estandarizada nos dicionarios de referencia, coñécese tamén baixo numerosas denominacións locais e variantes.

Ademais, Martín Sarmiento recolleu "lesmea" e "lexma" dentro dunha lista de Nombres de sabandijas e insectos (en Catálogo de Voces y Frases de la Lengua Gallega, 1745), que non sabemos se se refiren a este mesmo animal. Tamén se recolle a forma castelá babosa[42].

Os campesiños consideran as lesmas prexudiciais para o campo, e mátanas botándolles sal. Crese que, cando alguén se acerca a unha lesma, caga por ela[43].

Un tratamento contra as espullas consiste en unta-las mans coa baba dunha lesma viva branca, nunca negra. Despois, crávase un paíño na lesma e espétase no chan. Cando seca o animal, curan as espullas[44]. Tamén se usan para cura-los furunchos da xente e contra o erizo dos bois[45][46].

Adiviñas

  • Unha cousa cousiña,/ non ten óso nin osiña/ e pace coma unha marraquiña[47].
  • Unha señora/ vestida de negro,/ tórnalle os cochos,/ que ós cans non ten medo.
Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads