Lina Sandell

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lina Sandell
Remove ads

Lina Sandell, nada co nome de Karolina Wilhelmina Berg en Fröderyd o 3 de outubro de 1832 e finada en Estocolmo o 27 de xullo de 1903, foi unha escritora sueca, coñecida como autora de himnos relixiosos.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

O seu pai era pastor luterano nunha pequena comunidade rural e ela naceu na reitoría da igrexa. En 1858, cando ela tiña vinte e seis anos acompoñou a seu pai nunha viaxe en barco polo lago Vättern ata Gotemburgo pero o seu pai caeu ó mar e afundiu diante dela. Esta traxedia marcou a súa vida e inspirouna para escribir himnos.

Oskar Ahnfelt compuxo a música de todos os seus himnos e deunos a coñecer por toda Escandinavia. Lina casou en 1867 co comerciante e deputado Oscar Berg e pasou a apelidarse legalmente Sandell-Berg, aínda que escribiu os seus himnos coa sinatura L.S. Escribiu tamén textos para uso das escolas dominicais, Berättelser för söndagsskolan (1870-1874), Samlade sånger (1882–1885), e publicou durante moitos anos o almanaque Korsblomman (1865-1902) que incluía poemas, historias e biografías. Desde 1889 foi colaboradora de Barnens vän, o voceiro da Misión Evanxélica Sueca. Escribiu máis de 1700 himnos relixiosos e poemas entre eles, Tryggare kan ingen vara, Blott en dag e Jag kan icke räkna dem alla.

Na última versión (1986) do libro oficial de salmos da Igrexa de Suecia, Den svenska psalmboken, hai 15 dos seus salmos.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads