Lingua arromanesa

lingua románica oriental From Wikipedia, the free encyclopedia

Lingua arromanesa
Remove ads

O arromanés,[2] tamén coñecido como macedorromanés[2] (limba armãneascã, armãneashti ou armãneshce) é un idioma do conxunto das linguas romances orientais falado no Sueste de Europa por 300 mil persoas do pobo arromanés.

Datos rápidos Arromanés armãneashce, Status oficial ...

Comparte semellanzas co romanés, mais a diferenza deste que tivo influencias das linguas eslavas, o arromanés tivo influencia do grego. Algúns filólogos non o consideran un idioma separado, senón só un dialecto arcaico do romanés. Unha das súas características fonéticas peculiares é a perda do f- inicial latino (do mesmo xeito que en castelán): ferrum → her ("ferro"), aínda que este mesmo trazo compárteo tamén co meglenorromanés.

Este idioma actualmente é falado en comunidades espalladas entre os seguintes estados: Estados Unidos, Francia, Australia, Alemaña, Grecia, Bulgaria, Romanía, Macedonia do Norte, Albania e Serbia; tal dispersión explícase porque durante séculos a maior parte dos arromaneses (chamados outrora polos eslavos "kutzovalacos" e, dadas as semellanzas no seu modo de vida cos rom ou xitanos, "tsintaros") viuse forzada a un modo de vida transhumante en carromatos, seguindo circuítos dentro do sur da Península dos Balcáns.

Remove ads

Exemplo da lingua

Tatã a nostru
cai eshci pi tser,
s-ayisascã numa a Ta,
s-yinã Amirãrilja a Ta,
s-facã vreare-a Ta,
cum pi tserlu,
ashi sh-pisti loc.
Pãne-a nostrã atsea di cathi dzuã dã-nã-u sh-azã
shi ljartã-nã amãrtiile-a noastre
ashi cum lji-ljirtãm sh-a amãrtoshlor a noshci.
Shi nu nã-du la pirazmo,
ala aveaglji-nã di atsel arãulu.
Cã a Ta easte Amirãrilja shi puteare
a Tatãlui shi Hiljlui shi a Ayului Spirit,
torã, totãna shi tu eta-a etilor.
Amen.

(o Noso Pai - fonte)

Tuti iatsãli umineshtsã s-fac liberi shi egali la nãmuzea shi-ndrepturli. Eali suntu hãrziti cu fichiri shi sinidisi shi lipseashti un cu alantu sh-si poartã tu duhlu-a frãtsãljiljei.

(Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads