Lingua chócue

lingua bantú falada polo pobo chócue From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O chócue, chokwe, ou quioco é unha lingua bantú falada en zonas de Angola, a República Democrática do Congo e Zambia.

Datos rápidos ChócueChokweCôkwe (Este último, o seu nome nativo), Status oficial ...
Remove ads

Outros nomes

O chócue ten varios nomes alternativos, sendo coñecido tamén, ademais de pola forma vernácula côkwe, por chokwe, ciokwe, djok, kioko, quioco, tchokwê, shioko, tchocué, tshokwe e tschiokloe.[1]

Dialectos

Distíngunse tres dialectos do chócue: o minungo, o ulanda e o ukhongo.[1]

Distribución e falantes

En 1991 en Angola falábano unhas 456 000 persoas, localizadas no nordeste, o sur e o norte de Lunda, no leste de Bié, o oeste do Moxico, na rexión central de Cuando Cubango, en Cunene e en Malanje. Na provincia de Luanda, a capital, é máis falado no municipio de Viana.

Esta lingua só está oficiamente recoñecida en Angola, onde é usada como lingua franca no leste do país. Nese ano aproximadamente medio millón falábana na República Democrática do Congo, e tan só uns 44 200 en Zambia, en 1986,[2] Neste último país, no ano 2000 os falantes reducíranse a 20 000.[3]

É unha das principais linguas nacionais de Angola, tendo o Instituto de Línguas Nacionais de Angola estableceu unhas nomas ortográficas básicas para estandarizaren esta lingua para a súa mellor divulgación e utilización.[1]

Algunhas expresións

  • musono unapema - (hoxe está bo)
  • mbungue - (corazón)
  • tweya - (ven)
  • mutu - (persoa)
  • chimene-chipema - (bos días)
  • chindele - (branco)
  • katapi - (cacahuete)
  • chingahi? - (canto custa?)
  • samanhonga - (pensador)
  • ishimo - (proverbios)
  • muanapwo - (muller moza)
  • mbolo - (pan)
  • ua - (toma)
  • landa kanawa- (compra ben)
  • zungo - (silencio)
  • Yesu - (Xesús)
  • tambele - (igrexa)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads