Lingua gujarati

lingua da India que procede do estado de Gujarāt From Wikipedia, the free encyclopedia

Lingua gujarati
Remove ads

O guxarati[2] ou gujarati[3] é un idioma propio do estado de Gujarāt, no oeste da India. É unha lingua indoeuropea, da familia indoaria, falada por uns 46 millóns de persoas en todo o mundo, sendo así a vixésima terceira lingua máis falada do mundo. De todos eles, aproximadamente 45,5 millóns residen na India, 250.000 en Tanzania, 150.000 en Uganda, 100.000 en Paquistán e 50.000 en Kenya.

Datos rápidos Gujarati ગુજરાતી / Gujarātī, Status oficial ...

Escríbese gujarati (pronunciado guyarati) en inglés.

É a lingua principal do estado de Gujarāt, así como dos territorios adxacentes de Damán e Diu e Dadra e Nagar Haveli. Hai unha gran cantidade de poboación gujarati diseminada polo mundo, desde África, Oriente Próximo, até o Reino Unido e os Estados Unidos. En Inglaterra, dúas áreas populares con poboación gujarati son Leicester (Terras Medias) e Wembley (norte de Londres). E nos Estados Unidos, atópanse especialmente en estados como Nova Jersey, Nova York, California e Texas.

É unha das 14 linguas oficiais que hai na India. Era a lingua materna de Mahatma Gandhi, «pai da India», e de Muhammad Ali Jinnah, «pai do Paquistán».

Remove ads

Alfabeto

Consoantes

ka /kə/kha /kʰə/ga /gə/gha /gʱə/ṅa /ŋə/
ca /ʧə/cha /ʧʰə/ja /ʤə/jha /ʤʱə/ña /ɲə/
ṭa /ʈə/ṭha /ʈʰə/ḍa /ɖə/ḍha /ɖʱə/ṇa /ɳə/
ta /tə/tha /tʰə/da /də/dha /dʱə/na /nə/
pa /pə/pha /pʰə/ba /bə/bha /bʱə/ma /mə/
ya /jə/ra /rə/la /lə/va /ʋə/ḷa /ɭə/
śa /ʃə/ṣa /ʃə/sa /sə/ha /ɦə/

Vogais

sen vocalક્k
a /ə/ka
ā /ɑ̈/કા
â /æ/કૅ
i /i/કિki
ī /i/કી
u /u/કુku
ū /u/કૂ
ṛ /ɾu/કૃkṛ
e /ɛ/કેke
ai /aj/કૈkai
o /o/કોko
ô /ɔ/કૉ
au /əw/કૌkau
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads