Lingua siciliana
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O siciliano[3] é unha lingua romance propia da illa de Sicilia, no sur da Italia. Algúns dos seus dialectos tamén se falan na Península Itálica, principalmente no centro-sur de Calabria (calabrés) e na Puglia meridional, na rexión chamada Salento (salentino). Tamén se pode escoitar, con moita menos frecuencia, na zona de Cilento, na rexión de Campania.
Descende do latín vulgar, con influencias do grego, do árabe, francés, occitano, catalán e do español.
O uso do siciliano como lingua falada é usual en familia ou entre amigos; mais é menos común o seu emprego en ocasións oficiais e na forma escrita.
Algúns dos persoeiros da literatura en lingua siciliana son: Giovanni Meli, Nino Martoglio, Domenico Tempio, Alessio Di Giovanni, Ignazio Buttitta e Andrea Camilleri.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads