Linguas algonquinas

Subfamilia de linguas nativas americanas From Wikipedia, the free encyclopedia

Linguas algonquinas
Remove ads

As linguas algonquinas[1][2] son unha subfamilia das linguas indíxenas de América que inclúe moitas das linguas da familia álxica. É preciso distinguir o nome da familia da lingua algonquina próxima á lingua ojibwa (Chippewa), que forma parte da familia. O termo "algonquino" podería derivar da verba da tribo maliseet elakómkwik (pronunciada ɛlæˈɡomoɡwik), "son os nosos parentes/aliados".[3][4] Varias linguas algonquinas extinguíronse.

Datos rápidos Códigos de lingua, Mapa ...

O territorio dos falantes algonquinos abranguía dende a costa leste de América do Norte até as Montañas Rochosas. A protolingua da cal descenden tódalas pólas da familia, o protoalgonquino, falouse hai 2.500 ou 3.000 anos.[5] Non existe consenso científico sobre o territorio no cal se falou esta protolingua.

Remove ads

División

Esta subfamilia de preto de 30 linguas divídese en tres pólas principais segundo a xeografía: pradeiras, centrais e orientais.

A seguinte lista é unha clasificación das linguas segundo Goddard (1996) e Mithun (1999). As extintas están marcadas cunha †.

Pradeiras
1. Siksiká (tamén chamada pés negros)
Atsina-arapaho (incluíndo nawathinehena (†), e besawunena (†))
2. Arapaho
3. Atsina (†)
4. Cheyenne (Šahíyena)
Centrais
5. Cree-montagnais-naskapi
6. Menominee (moi ameazada)
Ojibwe–Potawatomi
7. Ojibwa (Očipwe˙)
8. Potawatomi (case extinta)
9. Sauk–Fox–Kickapoo (moi ameazada)
10. Shawnee (Ša˙wano˙ki) (moi ameazada)
11. Miami–Illinois (†)
Orientais
12. Micmac
Abnaki
13. Abnaki occidental (case extinto)
14. Abnaki oriental (†)
15. Maliseet-passamaquoddy
16. Massachusett
17. Narragansett (†)
18. Mohegan–Pequttôog (†)
19. Quiripi-Naugatuck-Unquachog (†)
20. Mohicano (†)
Delaware
21. Munsee (case extinta)
22. Unami (†)
23. Nanticoke–Piscataway (†)
24. Algonquino de Carolina (†)
25. Powhatan (†)
26. Etchemin (†) (sen certeza)
27. Loup A (†) (probablemente Nipmuck (†), sen certeza)
28. Loup B (†) (sen certeza)
29. Shinnecock (†) (sen certeza)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads