Linguas formosanas
grupo de linguas austronesias From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As linguas formosanas[1] son un grupo de linguas austronesias faladas polos habitantes aborixes de Taiwán. Actualmente só un 2% da poboación taiwanesa fala algunha destas linguas, polo que se encontran en perigo de extinción.
As linguas formosanas considéranse actualmente un grupo parafilético que conforma a base da familia austronesia, e suxírese que do grupo paiwánico se derivaron as linguas malaio-polinesias.
Así pois, pódense considerar as linguas formosanas como orixinarias das demais linguas austronesias. A poboación moderna de orixe chinesa comezou a súa inmigración polo 1650, falaban dialectos hakka e min do sur, os cales evolucionaron até converterse no actual taiwanés, pertencente á familia sino-tibetana.
Remove ads
Familia austronesia
As subfamilias austronesias pódense considerar formosanas. A seguinte clasificación segue o establecido pola Austronesian Basic Vocabulary Database[2] e as subfamilias identifícanse coas cores do mapa: Kavalánico
- Basay
 - Kavalan
 - Ketagalan
 
Formosano setentrional Cun 97% de confiabilidade na unidade do grupo.
- Thao (ou sao, brawbaw, shtafari)
 - Chairego occidental
- Babuza (ou favorlang, taokas, poavosa)
 - Popora-Hoanya
 
 - Saisiyat
 - Pazeh (ou kulun)
 - Atayálico
 
Ami
Bunun
Tsou-Rukai (85%)
- Tsouic
- Tsou
 - Saaroa
 - Kanakanabu
 
 - Rukai
 
Siraya
- Siraya
 
Puyuma
- Puyuma
 
Paiwánico O grupo malaio-polinesio e o paiwán forman unha unidade cunha confiabilidade do 75%.
- Paiwan (Sur de Formosa)
 - Malaio-polinesio de grande extensión marítima/insular.
 
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
