Linguas iranias
parte dunha rama da familia indoeuropea de linguas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As linguas iranias son parte dunha rama da familia indoeuropea de linguas. Xunto coas linguas indoarias e as linguas nuristanias, forman o grupo de linguas indoiranias, o cal é unha rama do grupo indoeuropeo. O avéstico e o persa antigo son as dúas linguas iranianas máis antigas entre as linguas indoeuropeas rexistradas (incluíndo o grego e ao hitita).
Hoxe, estímase que hai de 150 a 200 millóns de falantes nativos das linguas iranias. O SIL no 2005 enumera 87 variedades das linguas iranias. Por número de artigos, as linguas máis faladas son o persa (70 millóns, xuntando as tres formas coñecidas: persa, taxico e dari), o kurdo e o paxto (25 millóns cada un) o baluchi (7 millóns), e as linguas mazandaraní, guilaquí, talixí e o iriano (coñecido como ossetio).
Só cinco linguas das preto das 87 variedades de linguas iranias son oficias: o persa, o dari, o taxico, o pastún e o iriano (coñecido coma ossetio). No Tadjiikistán con carácter de "cooficial" (o estado comprométese a garantir a ensinanza e a difusión) está o iagnobiano, sen que o resto das linguas do Pamir gocen deste privilexio. En Iristán do Norte (chamado Ossetia polos rusos) o digoriano goza de privilexios nos medios de comunicación e na ensinanza, pero non conta cun estatuto de oficialidade. No Afganistán, segundo garante a nova Constitución Afgá, as linguas maioritarias de cada rexión ou distrito poderán ter carácter de oficial nesas rexións ou distritos.
Remove ads
As grandes linguas iranias e a súa extensión xeográfica
As seguintes linguas iranias son faladas polo menos por un millón de persoas:
- Grupo persa (nun senso máis amplo) 55-70 millóns,(coma segunda lingua, preto de 110 millóns, Irán, Afganistán, Tadjiikistán, Paquistán, Uzbequistán).
- Persa occidental (Farsí ou simplemente persa) 35-40 millóns, coma segunda lingua por máis de 50 millóns (Irán)
- Xudeopersa; 50.000 persoas (Israel e Irán).
- Persa oriental 20-30 millóns
- Persa occidental (Farsí ou simplemente persa) 35-40 millóns, coma segunda lingua por máis de 50 millóns (Irán)
- Paxto 35 millóns (22,5 millóns en Paquistán, 12 millóns en Afganistán)
- Baluchi 9 millóns (7,5 millóns en Paquistán, 1,4 millóns en Irán, 200.000 en Afganistán)
- Kurdo ou curmanxí 10 millóns (Turquía, Norte de Iraq, Norte de Siria, Norte de Irán e Ghorasán (oeste de Irán) e en partes de Armenia, Azerbaidján e Xeorxia. Uns milleiros en Rusia.)
- Lurés 4,3 millóns (Irán, Grupo dialectal)
- Soranés (Chamado tamén kurdo central) 7 millóns (Irak, Irán)
- lingua kurda meridional 5 millóns (Irán)
- Mazanderano 3 millóns (Irán, Costa do Caspio)
- Guilaquiano 2,6 millóns (Irán, Costa do Caspio)
- Zazaki (ou zaza) 3 millóns (Turquía)
- Talexiano 1 millóns (Irán, Azerbaidján, Grupo dialectal)
Linguas iranias importantes polo seu número de falantes:
- Oseto (chamado tamén alano ou ironau) 600.000 (Iristán do Sur (Xeorxia) e outras zonas de Xeorxia, República do Norte de Iristán-Alania (Rusia). Iristán=Ossetia. Trátase máis ben dun diasistema: lingua iriana e lingua digoriana, sendo a primeira a usada en todo o territorio.
- Goranés 500.000 (Iraq, Irán)
- Azarí iraniano ou Tatí meridional 220.000 (Azerbaidján, Irán)
- Tatí 130.000 (Azerbaidján, Rusia)
- Wanetsi 100.000 (Paquistán, Afganistán)
Remove ads
Nome
O grupo de linguas `iranias´ recibe ese nome porque as súas principais linguas, incluíndo o persa, foron ou son faladas na zona da meseta iraniana dende fai tempo. Porén, coma unha clasificación lingüística, o nome 'iranias' non implica ningunha relación co país de Irán, (para referirmos a algo ou alguén pertencente a Irán úsase a palabra 'iraniano/-a/os/-as).
Agrupación da familia de linguas iranias
Grupo oriental
- Subgrupo de linguas iranias orientaias setentrionais
- Bactrio
- Cuaresmiano
- Escita
- Sogdiano
- Subgrupo de linguas iranias orientais meridionais
- Linguas do Pamir
- Pastún
- Pastún meridional
- Pastún setentrional
- Pastún central
- Wanetsí
- Wazirí
Grupo occidental
- Rama linguas iranias occidentais setentrionais
- Balochí
- balochí meridional
- balochí occidental
- balochí oriental
- balochí montañés
- Baxcardí
- Coroxí
- grupo caspio
- Guilaquí
- Mazanderaní
- xahmirzadí
- grupo central iranio
- Axtianí
- fars nordoccidental
- dari-zoroastra
- gazí
- khunsarí
- natanzí
- naiiní
- parsi-dari
- parsí
- sivandí
- soí
- vafsí
- khalaxe
- grupo curdo
- kurdo setentrional, Curmanxí
- kurdo central, Sorani
- kurdo meridional
- laquí
- ormurí-parachí
- Ormurí
- Parachí
- grupo semnaní
- lasguerdí
- sanguisarí
- semnaní
- sorkheí
- grupo talixe
- alvirí-vidarí
- extehardí
- gozarkhaní
- harzaní
- korex-e rostaní
- razaxerdí
- rudbarí
- xahrudí
- taquestaní
- Talixí
- taromí alto
- maragueí
- kho'iní
- kaxalí
- cabateí
- grupo zaza-goraní
- Dimilí
- Guraní
- kirmanxekí/Zazaki
- bajelaní
- shabakí
- sarlí
- inclasificado
- Dezfulí
- Balochí
- Rama de linguas iranianas occidentais meridionais
- Rama inclasificada
Véxase tamén
Bibliografía
- Arquivado 16 de abril de 2019 en Wayback Machine..Enciclopedia Iránica.
- John Payne. "Pamir languages" in Compendium Linguarum Iranicarum. Schmitt, 1989.Pamir Languages.pdf[Ligazón morta]
- Compendium Linguarum Iranicarum. Schmitt, 1989.
- Грамматический очерк осетинского языка. Числительные. С. 457, 458. (En ruso).
- Abaev, V.I.: Gramática ossetia (en inglés)
- Основы иранского языкознания. Т. 3. Новоиранские языки. М. 1982. (en ruso)
- Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: A Reference Grammar of Pashto, 1996 Center fo Applied Linguistics, Washington D.C., Department of Education, Washington D.C.
Ligazóns externas
- Kümmel, Martin Joachim. "Areal developments in the history of Iranic: West vs. East." BOOK OF ABSTRACTS.
- Ficha en PROEL, sobre as linguas indoeuropeas (en castelán)
- Enciclopedia Iránica Arquivado 16 de abril de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Educational Resources Information Centre. Pódese consultar sobre moitas publicacións de tipo variado (en inglés).
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads