Linguas iranias orientais
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As linguas iranias orientais son un subgrupo das linguas iranias que emerxeron nos tempos do iranio medio (dende aproximadamente o século IV a.C.) A lingua avéstica é a miúdo clasificada coma iranio oriental temperán, pero isto é incerto.
Divídense en dúas ramas: a oriental setentrional e a oriental meridional. A pesar desta separación, as linguas iranias orientais forman un único dialecto contínuum conforme a unha innovación común.
En comparación aos dialectos iranios occidentais medios, os iranios orientais medios conservan a vogal final na última sílaba. Crese que as linguas iranias orientais se separaron das linguas iranias occidentais no curso de principios do segundo milenio a.C., e estaban situados preto da cultura Iaz.
A maior lingua irania oriental é o paxto con algo máis de 40 millóns de falantes, a principal lingua de Afganistán e Paquistán occidental.
Remove ads
Orientais setentrionais
O grupo oriental setentrional ten só tre membros activos en dúas áreas bastamente separadas, a lingua iagnobiana en Tadjiikistán (descendente do sogdiano) e o diasistema da lingua oseta no Cáucaso en Iristán do norte (Rusia) e do sur (Xeorxia) (tamén coñecido e chamado Osetia), (descendente dos escito-sármatas). Estes son restos dun vasto contínuum etnolingüístico que percorría a maioría das estepas de Asia Central no milenio I a.C. A mesma lingua avéstica, o máis antigo testemuño da rama irania, é un membro deste grupo. Coa presenza grega en Asia Central, algunhas da maioría destas linguas orientas deixaron testemuña no seu período iranio medio, mentres que dende o oeste de Cazaquistán (ou Cazaquia) a través da estepa Póntica ata Ucraína case ningunha testemuña do extenso contínuum escito-sármata sobreviviu.
- Avesta, aproximadamente 1300 - s. VII (clasificación incerta).
- Bactrio, aproximadamente século IV - século IX.
- Cuaresmio aproximadamente século IV - século XIII.
- Sogdiano, aproximadamente século IV.
- Escita.
- oriental (escita-khotanés).
- Khotanés, aproximadamente século V - século X.
- Tumxuqués (anteriormente denominada maralbaxí), século VII.
- occidental (escita-sármata), aproximadamente século VIII.
- Diasistema oseto antigo (lingua oseta)
- oriental (escita-khotanés).
Remove ads
Orientais meridionais
O grupo oriental meridional inclúe unhas 16 linguas e dialectos, dúas xa mortas, (11 segundo estimación do SIL) falados por moitos pobos no norte e sur de Asia Central (o Pamir-Saricul e Afganistán). Cada subfamilia nesta lista ten subgrupos e linguas individuais.
- Linguas do Pamir
- Rama xugnaniana
- Grupo meridional
- Xugniano
- Ruxoniano
- Grupo setentrional ou bartanguí-roxorví-sariculí
- Bartangués
- Roxorviano
- Sariculiano
- Grupo meridional
- Rama vanxiana
- Iazgulomiano
- Vanxiano†
- Rama munxaniana-idgá
- Munxaniano
- Idgá
- Rama Ixcaximiana-sanglechiana
- Ixcaximiano
- Sanglechiano
- Vakhí (con influencia sacá)
- Sargulamiano†
- Rama xugnaniana
- Paxto
- Paxto setentrional
- Paxto meridional
- Paxto central
- Waziriano
- Wanetsiano
Remove ads
Véxase tamén
Bibliografía
- Compendium Linguarum Iranicarum, ed. Schmitt (1989), p. 100.
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads