Linguas zhuang
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As linguas zhuang[1] (autónimo: vahcuengh (sawndip: 話僮), en chinés simplificado: 壮语; chinés tradicional: 壯語; pinyin: Zhuàngyǔ) son un grupo de linguas tai faladas polo pobo zhuang que habita no sur da China, na provincia de Guangxi e en partes de Yunnan e Guangdong. As linguas zhuang non forman unha unidade monofilética lingüística, xa que as linguas zhuang do norte e do sur están máis relacionadas con outras linguas tai que entre elas. As linguas zhuang do norte forman un continuo dialectal con diversas variedades tai na froteira da provincia Guizhou, que son chamadas bouyei, mentres que as linguas zhuang do sur forman outro continuo dialectarl co nung, co tay e co caolan, en Vietnam.[2] O zhuang estándar baséase no dialecto zhuang do norte do condado de Wuming.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads