Lise Meitner

física austríaca From Wikipedia, the free encyclopedia

Lise Meitner
Remove ads

Lise Meitner, nada en Viena o 7 de novembro de 1878 e finada en Cambridge o 27 de outubro de 1968, foi unha física austríaca que investigou a radioactividade e física nuclear.[1].

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Foi a terceira de oito fillos dunha familia xudía. Estudou física na Universidade de Viena (na que entrou no 1901) con Ludwig Boltzmann. Despois de doutorarse, mudouse a Berlín en 1907 para estudar con Max Planck e Otto Hahn na Universidade Friederich Wilhelm. Nesta institución traballou durante 30 anos liderando unha sección no Instituto Kaiser Wilhem (na actualide, Max Planck Institut). Ambos investigaron a radioactividade, un dende a perspectiva química e a outra dende a física. No ano 1918 descubriu o Protactinio. No 1923 descubriu a transición non radioactiva denominada Efecto Auger.

Ó ser anexionada Austria por Alemaña no 1938, pola súa condición de xudía,[2] Lise viuse forzada a trasladarse a Suecia, pasando a traballar en malas condicións no Instituto Manne Siegbahn de Estocolmo. Reuniuse de xeito clandestino con Otto Hahn en Copenhaguen (Dinamarca) para programar unha nova rolda de experiencias, que proporcionaron a evidencia da fisión nuclear e foron publicados en xaneiro de 1939, dando Lise a explicación física das observacións e ao proceso de fisión nuclear o mes seguinte.

Ó longo da súa vida publicou numerosos artigos en revistas científicas, recibiu cinco doutorados e outros recoñecementos, coma a medalla de Ouro Max Planck no 1949[2]. No 1944, Meitner foi ignorada mentres Hahn recibía o Nobel, o que foi corrixido en parte no 1966, ó seren galardoados xunto a Fritz Straßmann co Premio Enrico Fermi. O elemento número 109 chámase Meitnerio na súa honra.

No 1960 vaise retirar a Cambridge, Inglaterra. Sendo soterrada en Bramley. O seu sobriño Otto Frisch inscribu na súa tumba o epitafio Lise Meitner: unha física que nunca perdeu a humanidade[2].

Remove ads

Eponimia

O cráter lunar Meitner leva este nome na súa memoria.[3]​ O cráter de Venus Meitner tamén conmemora o seu nome. Así mesmo, o asteroide (6999) Meitner recibiu este nome na súa honra.[3] En 1997 o elemento químico 109 recibiu o nome de meitnerio como recoñecemento a Meitner.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads