Literatura árabe

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A literatura árabe (en árabe: الأدب العربي / ALA-LC: al-Adab al-‘Arabī) é a escrita, tanto en prosa como en poesía, producida por escritores en lingua árabe. A palabra árabe usada para a literatura é Adab, que deriva dun significado de etiqueta, e que implica educación, cultura e enriquecemento.[1]

A literatura árabe xurdiu no século V con só fragmentos da lingua escrita que aparecen antes daquela. O Corán, moi considerado como a mellor peza da literatura en lingua árabe,[2] tería o maior efecto duradeiro na cultura árabe e na súa literatura. A literatura árabe floreceu durante a Idade de Ouro islámica, pero mantívose vibrante ata os nosos días, con poetas e prosistas de todo o mundo árabe, así como na diáspora árabe, acadando un éxito crecente.

Remove ads

Poesía árabe

Unha parte importante da literatura árabe anterior ao século XX está en forma de poesía, chegando mesmo a ocorrer que parte da prosa estea chea de versos soltos ou en forma saj, prosa rimada.

Os temas da poesía van de exaltados himnos de encomio a amargos ataques persoais, e de ideas relixiosas e místicas a poemas sobre sexo e viño. Un trazo importante da poesía, que podería igualmente ser aplicado a toda a literatura árabe, é a idea de que debía ser agradable ao oído. A poesía, e moita da prosa, foi escrita co obxectivo de ser lida en voz alta, polo que se tiña un gran coidado en que todo fose escrito o máis sonoramente posible; neste sentido, saj significaba, orixinalmente, o ruído que fai unha pomba.

Remove ads

Literatura de ficción

No mundo árabe distínguese perfectamente entre al-fusha (lingua culta) e al-ammiyyah (lingua común). Poucos escritores escribiron obras nesta al-ammiyyah ou lingua común e enténdese, ademais, que a literatura ten como obxectivos a mellora e educación da persoa, antes que o puro entretemento. Esta concepción do feito literario non restrinxiu o papel do hakawati ou contador de historias, que retería as partes máis lixeiras das obras serias ou algunhas das moitas fábulas ou contos populares árabes que normalmente non se poñían por escrito.

Con todo, algunhas das primeiras novelas da literatura universal, mesmo no caso de novelas filosóficas, foron escritas por autores árabes.

Remove ads

Notas

Bibliografía

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads