Mundo árabe

From Wikipedia, the free encyclopedia

Mundo árabe
Remove ads

Chámaselle Mundo árabe (en árabe: العالم العربي al-ʿālam al-ʿarabī ) ou países árabes (árabe, البلدان العربية, al-buldān al-`arabiyya) os estados nos que a maiora da poboación son falantes árabes así como as poboacións de África do Norte, Oriente Medio e outros lugares.

Thumb
Un mapa do Mundo árabe. Baseado na definición estándar do mundo árabe, que comprende os estados da Liga Árabe, máis do Sáhara Occidental.

A definición estándar do mundo árabe comprende os 22 estados e territorios da Liga Árabe que se estenden dende o océano Atlántico ao oeste, co Mar Arábigo ao leste, e o Mediterráneo ao norte do Corno de África e do océano Índico no sueste. Ten unha poboación de preto de 400 millóns de persoas, dos cales máis da metade son menores de 25 anos de idade[1].

O sentimento nacionalista árabe xurdiu na segunda metade do século XIX, xunto con outros movementos nacionalistas dentro do Imperio Otomán. A Liga Árabe formouse en 1945 para representar os intereses dos árabes e, especialmente, para o exercicio da unificación política dos países árabes, un proxecto coñecido como Panarabismo[2][3]. As protestas populares no mundo árabe a partir de 2010 están dirixidas contra os gobernos e a corrupción asociada a estes, xunto coa demanda de máis oportunidades económicas.

O termo "mundo árabe" rexeitano normalmente aqueles que viven nesa rexión, xa que non se consideran árabes, como non semitas, berberes e kurdos, xa que implica toda a rexión árabe na súa identidade, poboación, e orixe, mentres que a patria orixinal dos árabes é a Península Arábiga. O termo tamén o rexeitan algunhas minorías indíxenas semitas como os Ashkenazim, sefaradim, Mizrahim, caldeos, asirios e siríacos, xa que son anteriores aos árabes en lugares como Iraq, Palestina e Siria. Coptos e outros exipcios tamén se definen como exipcios e non árabes.

Remove ads

Definición

A denotación lingüística e política propia do termo árabe xeralmente predomina sobre consideracións xenealóxicas. Polo tanto, os individuos con pouca ou ningunha ascendencia da Península Arábiga poderían identificarse ou considerarse árabrs, en parte debido á súa lingua materna. Porén, esta identidade discútena moitos pobos. Por exemplo, os expcios poden ou non identificarse como árabes.

Definición territorial estándar

Thumb
Mapa dos estados membros da Liga Árabe. Baixo a definición territorial estándar do mundo árabe, os estados e territorios da Liga árabe constitúen o mundo árabe.

Aínda que non existe unha definición globalmente aceptada no mundo árabe, todos os países que son membros da liga árabe son xeralmente recoñecidos como parte do mundo árabe.[4]

A Liga árabe é unha organización rexional, cuxo fin é (entre outras cousas) considerar de maneira xeral os asuntos e intereses dos países árabes:

Un árabe é unha persoa cuxa lingua é o árabe, que vive nun país de fala árabe e que está en sintonía coas aspiracións dos pobos de fala árabe.[5]

Esta definición terrirorial estándar considérase considérase ás veces apropiada[6] ou problemática,[7] e debe complementarse con algúns elementos adicionais.

Estados membros da Liga Árabe

  • Alxeria (en árabe: الجزائر al-Jazāʾir)
  • Bahrain (en árabe: البحرين al-Baḥrayn)
  • Comores Comores (en árabe: جزر القمر Juzur al-Qamar) (O comorense e o francés son as outras linguas oficiais)
  • Djibuti Djibuti (en árabe: جيبوتي Djībūtī ) (O francés é a outra lingua oficial)
  • Exipto Exipto (en árabe: مصر}} Miṣr)
  • Iraq (en árabe: العراق al-ʿIrāq) (O Kurdo é a outra lingua oficial (minoritaria))
  • Xordania (en árabe: الأردن al-ʾUrdun)
  • Kuwait Kuwait (en árabe: الكويت al-Kuwayt)
  • Líbano Líbano (en árabe: لبنان Lubnān)
  • Libia Libia (en árabe: ليبيا Lībyā)
  • Mauritania Mauritania (en árabe: موريتانيا Mōrītānyā)
  • Marrocos Marrocos (en árabe: المغرب al-Maġrib) (O berber é a outra lingua oficial)
  • Omán (en árabe: عمان ʿUmān)
  • Palestina (en árabe: فلسطين Filasṭīn) (Membro de pleno dereito da Líga Árabe e recoñecido pola maioría dos estados, excepto por Israel e outros estados occidentais)
  • Qatar (en árabe: قطر Qaṭar)
  • Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية al-Mamlakah al-ʿArabiyyah as-Saʿūdiyyah)
  • Somalia Somalia (en árabe: الصومال aṣ-Ṣūmāl) (O Somalí é a outra lingua oficial)
  • Sudán Sudán (en árabe: السودان as-Sūdān) (O inglés é a outra lingua oficial (minoritaria))
  • Siria (en árabeسوريا Sūryā)
  • Tunisia Tunisia (en árabe: تونس Tūnis)
  • Emiratos Árabes Unidos (en árabe: الإمارات العربيّة المتّحدة al-ʾImārāt al-ʿArabiyyah al-Muttaḥidah)
  • Iemen (en árabe: اليمن al-Yaman)
Remove ads

Poboación

Máis información Posto, País ...
Remove ads

Área

PosPaísÁrea (km2)% do TotalAclaracións
1 Alxeria2,381,74118.1%País máis grande de África e do mundo árabe.
2 Arabia Saudita2,149,69016.4%País máis grande en Oriente medio.
3Sudán Sudán1.861.48214.2%Anteriormente o país máis grande de África, antes da independencia do Sudán do Sur.
4Libia Libia1.759.54011.4%
5Mauritania Mauritania1.025.5207.8%
6Exipto Exipto1.002.0007.6%Non inclúe o Triángulo de Hala'ib (20,580 km²).
7Somalia Somalia637.6574.9%
8 Iemen527.9684.0%
9Marrocos Marrocos446.5503.4%Non inclúe Sáhara Occidental (266,000 km²).
10 Iraq435.2443.3%
11 Omán309.5002.4%
12 Siria185.1801.4%Incluíndo a parte de Altos do Golán (1,200 km²) administrada actualmente por Israel.
13Tunisia Tunisia163.6101.2%
14 Xordania89.3420.7%
15 Emiratos Árabes Unidos83.6000.6%
16Djibuti Djibuti23.2000.1%
17Kuwait Kuwait17.8180.1%
18 Qatar11.5860.08%
19Líbano Líbano10.4520.08%
20 Palestina6.0200.05%
21Comores Comores2.2350.01%
22 Bahrain7580.005%
Total13.333.296 5.148.048

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads