Lockheed P-38 Lightning

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lockheed P-38 Lightning
Remove ads

O Lockheed P-38 Lightning é un caza monopraza con motores de pistón usado durante a segunda guerra mundial. Desenvolvido para o Corpo Aéreo do Exército dos Estados Unidos, o P-38 tiña un característico deseño de fuselaxe dobre cunha góndola central onde ía a cabina e o armamento. A propaganda aliada afirmaba que a Luftwaffe alcumárao o "diaño da cola de forca" (alemán: der Gabelschwanz-Teufel) e os xaponeses "dous avións, un piloto".[1] Xunto co seu uso como caza, o P-38 utilizouse en varios roles de combate, como o de cazabombardeiro cun alto grao de efectividade,[2] caza nocturno,[2] e como caza de escolta de longo alcance equipado con depósitos lanzables.[3] O P-38 tamén foi usado como indicador de curso de bombardeos, guiando a grupos de bombardeiros medios e pesados. ou incluso a outors P-38 equipados con bombas, aos obxectivos.[4][5] Usado no rol de recoñecemento aéreo, o P-38 engargouse do 90% da filmación aérea capturada sobre Europa.[6][2]

Datos rápidos Tipo, Fabricante ...

O P-38 usouse con máis éxito no teatro de operacións do Pacífico e no teatro da China-Burma-India, como o avión dos principais ases estadounidense: Richard Bong (40 vitorias), Thomas McGuire (38 vitorias) e Charles H. MacDonald (27 vitorias). No teatro do Pacífico suroeste o P-38 foi o principal caza de longo alcance do Corpo Aéreo do Exército estadounidense ata a introdución de grandes cantidades de P-51D Mustang cara ao final da guerra.[7][8]

O escape do motor do P-38 estaba amortuguado por turbocompresores, algo pouco habitual para un caza da súa época, facendo as operacións do aviión relativamente silenciosas.[9][10] Os dous turbocompresores tamén lle proporcionaban ao P-38 un bo rendemento a grande altitude, converténdoo nun dos primeiro cazas aliados en operar a esas alturas.[11] O P-38 foi o único caza estadounidense fabricado a grande escala durante todo o tempo no que os Estados Unidos estivo na guerra, dende Pearl Harbor ata a vitoria sobre o Xapón.[12] Ao final da guerra os pedidos por 1 887 máis foron cancelados.[13]

Remove ads

Notas

Bibliografía

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads