Loewe

From Wikipedia, the free encyclopedia

Loewe
Remove ads

Loewe ([lo'eβe]) é unha marca de roupa, coiro e complementos de luxo fundada en 1846 en Madrid polo artesán Enrique Loewe Roessberg orixinario de Kassel, actualmente é propiedade do grupo francés LVMH (Louis Vuitton Moët Hennessy).

Datos rápidos Instancia de, Forma xurídica ...
Remove ads

Historia

Thumb
Placa conmemorativa do concello de Madrid en recoñecemento á marca.
Thumb
Loewe Hong Kong

Loewe naceu en 1846 nun obradoiro de marroquinería situado na rúa Lobo (posteriormente rúa Echegaray), no centro de Madrid. En 1872 o artesán alemán Enrique Loewe Roessberg chegou a Madrid e asociouse co taller, e comezou a traballar alí. En 1892 Loewe instalouse na rúa Príncipe de Madrid, acadando gran sona. En 1905 o rei Afonso XIII deulle o título de provedor da Casa Real. En 1910 abriu tenda en Barcelona.

En 1945 o deseñador Pérez de Rozas creou modelos de bolsos en boxcalf, que pronto pasaron a ser os grandes clásicos da marca. En 1959 Loewe inaugurou unha tenda na rúa Serrano de Madrid, que modificou por completo a imaxe dos establecementos de artigos de luxo. En 1963 empezou a expansión internacional de Loewe, que abriu tenda en Londres.

En 1980 entrou no accionariado da empresa o grupo Rumasa, mercando accións a herdeiros de Loewe de Barcelona, debido ás diferenzas entre a familia de Barcelona e a de Madrid, que controlaban entre ambas o 51 % da empresa. Rumasa mercou entre un 25 % ou 30 % ata acadar a maioría do accionariado por sucesivas mercas de accións. Cando Rumasa foi expropiada tiña o 66 % da empresa polo que pasou a estar controlada polo Estado Español[1]. En 1996, coincidindo cos 150 anos da marca, foi mercada por LVMH.

O 14 de marzo de 2012 saíu unha polémica campaña da colección "Oro" con Luis Venegas como director creativo e como protagonistas presuntos mozos "modernos" fillos de coñecidos.

Remove ads

Tendas

Loewe ten 29 tendas propias en España, dez establecementos para home e sete de muller. A nivel internacional ten 125 tendas propias e 50 puntos de venda en aeroportos e outro cento de tendas multimarca[2].

En 2012 pechou a súa tenda na Coruña, a única que tiña en Galiza, trasladándose a unha pequena tenda en El Corte Inglés da rúa Ramón y Cajal. A principios de 2018 pechou definitivamente.[3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads