Loito

From Wikipedia, the free encyclopedia

Loito
Remove ads

O loito[1] tamén chamado luto, lucto e luito,[2] do latín luctu[3]é unha forma social de expresar a perda ante a morte e o concepto designa tanto a propia dor e tristeza como a roupa ou determinados complementos que levan os familiares do finado durante un tempo.

Thumb
Lazo de loito.
Thumb
Tristeza inconsolábel: pintura de 1884 de Ivan Kramskoy.

A través de diferentes elementos representativos, os familiares e a sociedade expresan ante a colectividade a dor polo sentimento de perda. Os elementos formais -roupas, cores e outros signos externos- varían segundo os países e culturas, e foron variando co paso do tempo. Na cultura occidental, a manifestación do loito exprésase mediante roupas de cor negra (roupa de loito), mediante o que os familiares mostraban ante a sociedade campesiña tradicional que mantiñan a memoria do finado. Esa mesma colectividade criticaba a quen o fixera mediante comentarios do tipo de "non lle gardaron loito ningún".

Hai tempo era habitual que toda a familia do finado vestisen de negro, tanto os adultos como os mozos e incluso nenos. Co paso do tempo, o loito deixou de ser tan rigoroso en homes e mozos, nos que abondaba o uso de gravatas -quen as usase- negras ou botóns negros na chaqueta, se ben as mulleres mantiñan o costume de vestir completamente de negro. Aínda así, hoxe en día tamén se suavizou moito o loito nas mulleres.

A duración do loito tamén é moi variable, e diferente entre homes e mulleres. Era usual que as viúvas mantiveran o loito toda a súa vida, no que se pode ver unha reprobación social cara ás segundas nupcias. De feito cando un viúvo ou viúva casaban de segundas podían sufrir as cornetadas ou cencerradas, burla píublica dos veciños fronte a súa casa.

Caso da morte de pais ou fillos, o loito podía manterse entre un e tres anos, e no caso de irmáns, tíos, netos, etc. duraba entre tres meses e un ano.

Pasado o tempo de loito, seguía un período de alivio, durante o que as mulleres podían vestir roupa gris ou branca con motivos negros para chegar, máis tarde, á roupa de cor.

Durante o período de loito non se participaba en festas, romarías nin cousa semellante. Nos lugares onde era costume ir cantando de casa en casa os Reises, Aninovos ou Entroidos, non se paraba diante da casa, nin os nenos da casa podían participar en tales actos.

Dada a perigosidade da emigración, existía un tipo de loito para o home que emigraba ás Américas. Era certamente suave (unha saia negra, un pano negro) e e mantíñase ata recibir carta anunciando a chegada ó destino.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads