Longo (novelista)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Longo ou Longus (gr. Λόγγος, lat. Longus) foi un novelista grego nado en Lesbos no século II, autor da novela bucólica Dafnis e Cloe. Non se sabe practicamente nada da súa vida, á parte da autoría das súas obras e que viviu na época de Adriano (antes achábase erroneamente que era do século IV).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Longo.
Suxeriuse que o nome Longo é só un erro ao traducir a última palabra do título ΛΟΓΓΟΥ ΠΟΙΜΕΝΙΚΩΝ ΤΩΝ ΠΕΡΙ ΔΑΦΝΙΝ ΚΑΙ ΧΛΟΗΝ ΛΕΣΒΙΑΚΩΝ ΛΟΓΟΙ Δ. Seiler sinala que o mellor manuscrito comeza e remata con "λόγου (non λόγγου) ποιμενικῶν".[1]

Dafnis e Cloe.
Remove ads
Legado
Dafnis e Cloe foi o modelo de La Sireine de Honoré d'Urfé, a Diana namorada de Jorge de Montemor, a Aminta de Torquato Tasso, e The Gentle Shepherd de Allan Ramsay. A famosa Paulo e Virxinia de Jacques-Henri Bernardin de Saint-Pierre é un eco da mesma historia.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads