Lorena
rexión de Francia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Lorena[1] (en francés e en lorenés: Lorraine, en alemán: Lothringen) é unha rexión de Francia que linda con Alemaña, Bélxica e Luxemburgo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lorena (homónimos).
Remove ads
Administración
O Conseil Régional de Lorraine (goberno rexional) é membro da cooperación interrexional transfronteiriza «Saar-Lor-Lux», xunto con Luxemburgo, os estados federados alemáns do Sarre e Renania-Palatinado e a Valonia, en Bélxica.
A sede do Conseil Régional encóntrase en Metz. A rexión está marcada por unha forte rivalidade entre Metz e Nancy.
Cultura
Pola súa posición xeográfica, a Lorena foi un lugar de intercambios culturais privilexiado entre Francia e as culturas xermánicas. Así, numerosas innovacións fixeron a súa entrada na Lorena antes de estenderse polo resto de Francia (música, gastronomía etc.). O esplendor cultural lorenés empezou no Renacemento, antes de ser o berce de movementos culturais orixinais, entre os cales o máis famoso seguramente sexa a Art Nouveau, levada a Francia pola Escola de Nancy.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads