Nancy
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Nancy (Alemán arcaico: Nanzig; luxemburgués: Nanzeg) é unha cidade da rexión da Gran Leste no nordeste de Francia. A cidade é a préfecture (capital) do departamento de Meurthe e Mosela. A área metropolitana (aire urbaine) de Nancy tiña unha poboación de 410.509 habitantes no censo de 1999, deles, 103.602 vivían na cidade de Nancy (105.100 segundo estimacións do 2004).
Remove ads
Historia e características
Segundo estimacións do 2004, Nancy tiña unha poboación de 410.000 habitantes, ocupando o posto número 17 entre as cidades francesas metropolitanas segundo datos do INSEE. Nancy atópase situada no curso baixo do río Meurthe, preto da súa confluencia co río Moselle. A cidade constitúe un importante centro comercial na rexión, destaca o seu porto fluvial nas canles Marne-Rin e París-Nancy. A comunidade urbana do gran Nancy, ten oito municipalidades: Vandoevre-lés-Nancy 35.000 hab., Laxou 15.898 hab., Villiers-lés-Nancy 15.700 hab., Saint-Max, Malzeville, Maxéville, Tomblaine e Jarville-la-Malgrange.
Nancy foi capital do ducado de Lorena. Entre os séculos XVI e XVIII construíuse a meirande parte do que hoxe é o centro da cidade. No corazón de Nancy atópase a Praza Stanislas antiga praza real, do século XVIII e estilo neoclásico. A praza debe o seu nome ao home que encargou a súa construción, Stanislaw Leszczynski, benfeitor da cidade, o rei destronado da Polonia e derradeiro duque da Lorena, a cal gobernou a mediados do século XVII grazas ao seu xenro Lois XV.
Remove ads
Educación
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads