Lothlórien
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
No legendarium de J. R. R. Tolkien, Lothlórien é un nome de inspiración galesa-[2] que designa o máis fermoso dos reinos élficos que quedan na Terra Media.[3]
Este reino desempeña un importante papel n' O Señor dos Aneis[4] como o foco élfico da resistencia contra Sauron, e constitúe todo un símbolo da estética élfica da preservación[5] que ofrece un lugar "fóra do tempo" para os personaxes que viven ou se adentran nel.[6] Mediante Lothlórien, Tolkien harmoniza ideas que doutro xeito serían contraditorias no tocante á distorsión temporal nas terras élficas, provenientes de diversas fontes tradicionais como Thomas the Rhymer (séculos XIII/XIV) e a obra popular dinamarquesa Elverhoj (1828).[7]
Remove ads
Nomes
Tolkien deu moitos nomes diferentes á mesma fraga
A forma Lórinand tamén pasou ao Quenya como Laurenandë e ao Sindarin como Glornan ou Nan Laur, todas co mesmo significado.[9] Entre os demais nomes dados máis tarde a esta terra atópanse o nome Dwimordene dos habitantes de Rohan (de dwimor "pantasma", en alusión á maxia dos elfos), e mais A Fraga de Ouro en Oestron.
Remove ads
Historia
A comezos da Primeira Idade, algúns dos Eldar abandonaron a Grande Marcha e asentáronse nas terras situadas ao leste das Montañas Bretemosas. Estes elfos pasaron a ser coñecidos como os Nandor e máis tarde como Elfos Silvanos. Para o ano 1200 PI, Galadriel entrara en contacto cun reino Noldorin, Lindórinand, na zona que máis adiante sería coñecida como Lothlórien,[9] e plantou alí as douradas árbores mallorn que Gil-galad recibira como agasallo de parte de Tar-Aldarion.[11] A cultura e sabedoría dos elfos Silvanos viuse considerabelmente enriquecida coa chegada dos elfos Sindarin que proviñan do oeste das montañas, e mesmo a lingua Silvana foi sendo substituída aos poucos polo Sindarin. Entre os chegados atopábase Amdír, que se converteu no seu primeiro señor, así como Galadriel e mais Celeborn, que tamén cruzaran as montañas e o río Anduin para se uniren aos Nandor do sur logo da destrución de Eregion durante a Guerra dos Elfos e Sauron. Amdír acabou liderando un exército como parte da Última Alianza de Elfos e Homes, ao mesmo tempo que Oropher, outro señor Sindarin, lideraba os Elfos Silvanos do norte na loita contra Sauron. Xa que logo dedúcese que tanto os reinos do bosque do norte e do sur xa foran fundados daquela.
Cando a influencia maligna de Sauron comezou a volver gradualmente á fraga da beira leste do Anduin, os Elfos Silvanos do norte, guiados por Thranduil fillo de Oropher, afastáronse aínda máis cara ao norte, e os do sur volveron cara ao oeste cruzando o Anduin, mais sen o seu derradeiro señor Sindarin, Amroth fillo de Amdír, que partira para Edhellond seguindo os pasos da súa amante Nimrodel.
Máis adiante sóubose que o anel de Galadriel enriquecera a terra preservado a súa flora contra a morte e a corrupción, e ao brandilo creara unha poderosa protección fronte a todas as criaturas malignas: de feito, o único xeito de que Mordor lograse conquistar Lothlórien sería se o propio Sauron acudise persoalmente.
Logo da marcha de Galadriel cara a Valinor a comezos da Cuarta Idade, os elfos de Lothlórien foron gobernados só por Celeborn, que os conduciu a través do Anduin para fundar un novo reino, máis grande, Lórien do Leste, ao redor de Amon Lanc. No momento da morte da Raíña Arwen, Celeborn e a neta de Galadriel's, Lothlórien fora xa abandonado.
Remove ads
Xeografía
Lothlórien atopábase ao leste de Moria, entre as Montañas Bretemosas e o río Anduin. Á parte dunha pequena faixa de terra boscosa ao sur, o reino atopábase entre os ríos Anduin e Silverlode, na rexión coñecida como o Naith (S. punta de lanza)[12] polos elfos e como Gore en Oestron. A cidade de Caras Galadhon estaba situada na parte máis estreita do Naith, onde confluían os dous ríos, chamada Egladil[13] ou o Ángulo.[14]
Legado
Lothlórien é un dos lugares máis memorábeis do mundo da ficción, e serviu de inspiración en multitude de obras creativas, que inclúen unha ampla variedade de xogos, curtametraxes e comunidades online. [Cómpre referencia]
Influencia
O carácter do lugar descrito n' O Señor dos Aneis ten levado a moita xente a porlle o nome "Lothlórien" a propiedades e comunidades de importancia. Este é o caso de:
- Unha comunidade familiar cristiá no sur de Escocia[15]
- Un refuxio neopagán en Indiana[16]
- Unha casa e cooperativa vexetariana na University Students' Cooperative Association (Berkley)[17]
- A Australian School for Rudolf Steiner Education, Lorien Novalis, que combina os nomes do poeta Novalis e da fraga de Lorien.
A cantante irlandesa Enya compuxo unha canción chamada "Lothlorien" recollida no seu álbum, Shepherd Moons.
A cantautora Tori Amos púxolle á súa filla o nome Natashya Lórien Hawley, en referencia a Lothlórien.[18]
Adaptacións
Alén de ser a inspiración de lugares do mundo real, Lothlórien ten aparecido representado noutros medios.
Na expansión Lórien and the Halls of the Elven Smiths do xogo de rol Middle-earth Role Playing (Iron Crown Enterprises, 1986), a sociedade de Lórien divídese en varios gremios ou "Glades", cada un especializado nunha arte (como panadaría, confección de tecidos ou caza). O carácter oculto do lugar atribúese ao anel Nenya, e a Elessar, a pedra élfica, obxectos que terían o poder de ralentizar os efectos do tempo. A súa peculiar situación xeográfica, protexida contra as treboadas polas Montañas Bretemosas, e o efecto que as árbores mallorn tiñan sobre o contorno (non perdían as follas, polo que fornecían unha protección constante fronte aos elementos durante todo o ano) tamén influirían cara a esta redución nos efectos do paso das estacións.
Remove ads
Notas
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads