Louis de Funès

From Wikipedia, the free encyclopedia

Louis de Funès
Remove ads

Louis Germain David de Funès de Galarza, coñecido como Louis de Funès ([lwi də fy.nɛs]), nado en Courbevoie (Altos do Sena) o 31 de xullo de 1914 e falecido en Nantes (Loira Atlántico) en 1983, foi un popular actor francés, un dos grandes da comedia xunto con André Bourvil e Fernandel. Foi coñecido en varios países europeos (Checoslovaquia, Alemaña, España, Turquía e a Unión Soviética particularmente) durante moitos anos, mais era un descoñecido no mundo angloparlante.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Louis de Funès naceu en Francia de pais españois. O seu pai, o nobre sevillano Carlos Luis de Funes de Galarza, era avogado en España pero converteuse en cortador de diamantes en Francia. A súa nai, Leonor Soto Reguera, nada en Ortigueira, era filla do notario e político Teolindo Soto Barro. A parella coñeceuse nesa vila, onde Funes chegara tras cambiar o bufete pola representación de xoias.[1] Como as súas familias se opoñían ao matrimonio establecéronse en Francia en 1904.

Durante a súa infancia gustáballe o debuxo e o piano e na súa mocidade tivo traballos modestos, dos que era repetidamente despedido. Chegou a ser pianista, traballando como músico de jazz no barrio de Pigalle. Durante un ano estudou interpretación na escola Simon, onde logrou contactos útiles, incluíndo a Daniel Gélin. Continuou os seus estudos de piano nunha escola de música durante a ocupación de París durante a segunda guerra mundial. Alí coñeceu unha secretaria, Jeanne Barthelémy de Maupassant, sobriña neta de Guy de Maupassant. Casaron en 1943 e estiveron xuntos ata a morte de Funès.

Comezou a súa carreira no mundo do espectáculo no teatro, onde logrou un certo éxito. A súa carreira teatral continuou mesmo cando xa se convertera nunha estrela. Debutou no cinema en 1945 grazas ao seu contacto con Daniel Gélin. Durante os seguintes vinte anos interveu nuns 130 filmes. Acadou o estrelato en 1963 co filme de Jean Girault Pouic-Pouic.

Aos 49 anos conseguiu inesperadamente recoñecemento internacional co éxito de O xendarme de Saint-Tropez, que sería o primeiro dunha serie de seis filmes. Entre 1964 e 1979 foi sete veces o protagonista do filme de máis éxito do ano. Funès finou en 1983, vítima dun infarto, poucos meses despois de acabar o seu último filme.

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads