Luísa Mountbatten-Windsor

aristócrata británica From Wikipedia, the free encyclopedia

Luísa Mountbatten-Windsor
Remove ads

Luísa Mountbatten-Windsor, nada co nome de Louise Alice Elizabeth Mary en Surrey o 8 de novembro de 2003, é un membro da Familia real británica. É a primeira filla de Eduardo de Wessex e Sofía Rhys-Jones, condesa de Wessex. É a duodécima na liña de sucesión ao trono británico.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Lady Luísa naceu prematuramente no Hospital Frimley Park en Surrey, Inglaterra, despois de que a súa nai chegase ao hospital en ambulancia dende o fogar da parella, en Bagshot Park, Surrey. Foi levada a urxencias para realizarlle unha cesárea. O príncipe Eduardo non puido estar presente no nacemento por ser tan repentino. Foi bautizada o 24 de abril de 2004.

Lady Luísa naceu cun trastorno ocular chamado exotropía. En xaneiro de 2006 informouse de que lle fixeran unha operación de 30 minutos baixo anestesia xeral para corrixilo, pero en 2009 dito trastorno ocular rexenerouse.

En 2011 Lady Luísa foi unha das damas de honor que formaban parte da corte nupcial do enlace do seu curmán Guillerme de Cambridge, con Catarina de Cambridge na Abadía de Westminster.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads