Eduardo de Edimburgo

Príncipe Eduardo, Duque de Edimburgo From Wikipedia, the free encyclopedia

Eduardo de Edimburgo
Remove ads

O príncipe Eduardo, duque de Edimburgo (Edward Anthony Richard Louis; Londres, 10 de marzo de 1964), é o cuarto e derradeiro fillo da raíña Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo. É décimo na liña de sucesión ao trono británico.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads
Remove ads

Primeiros anos

O príncipe Eduardo naceu no Palacio de Buckingham e dende o seu nacemento, como fillo da raíña, é tratado como Alteza Real. Foi bautizado no Castelo de Windsor o 2 de maio de 1964.

O príncipe acudiu á Escola Gibbs en Londres e á Heatherdown Preparatory School en Berkshire. Coma o seu pai e irmáns máis vellos foi á Escola Gordonstoun en Escocia. Posteriormente, foi un ano a Nova Zelandia.

Tras regresar da súa viaxe, estudou e graduouse na Universidade de Cambridge.

Remove ads

Traballo

Despois da universidade alistouse na Mariña, aínda que abandonou, converténdose en albo para as críticas.

Traballou no teatro e mesmo produciu un show, aínda que non tivo éxito.

En 1993, Eduardo comezou unha compañía propia chamada Ardent Television coa que produciu documentais e dramas das familias reais europeas. Dimitiu como xefe para centrarse nas súas obrigas reais.

Eduardo e a súa dona están suxeitos a diversas obrigas reais. Eduardo é presidente da Federación dos Xogos da Mancomunidade. Tamén está involucrado co premio do duque de Edimburgo.

Remove ads

Matrimonio e descendencia

O 19 de xuño de 1999 casou con Sofía Rhys-Jones na Capela de San Xurxo. O príncipe recibiu o título de conde de Wessex e vizconde Severn. Eduardo recibirá tamén o ducado de Edimburgo cando este estea dispoñíbel.

O conde e a condesa de Wessex teñen dous fillos:

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads