Lucy (filme de 2014)
Filme de 2014 dirixido por Luc Besson From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Lucy é un filme francés ciencia ficción e acción e escrito e dirixido por Luc Besson e producido pola súa muller Virginie Silla coa compañía Europacorp. O filme foi rodado en Taipei, París e Nova York. Está protagonizado por Scarlett Johansson, Morgan Freeman, Amr Waked e Choi Min-sik. Johansson intepreta ó personaxe do título, unha muller que adquire habilidades psicoquinéticas a partir dunha droga.
O filme foi estreado o 25 de xullo de 2014, e converteuse nun éxito de recadación,[1] conseguindo $443 millóns sobre un orzamento de $40 millóns.
Remove ads
Sinopse
Lucy é unha muller obrigada a exercer de mula (de drogas) e que adquire poderes sobrenaturais cando a bolsa da droga se rompe e os narcóticos entran en contacto co seu corpo. A partir dese intre, a substancia comeza a mellorar a capacidade do cerebro de Lucy ata chegar ó 100%.
Personaxes
- Scarlett Johansson como Lucy
- Morgan Freeman como Profesor Samuel Norman
- Choi Min-sik como Mr. Jang
- Amr Waked como Pierre Del Rio
- Julian Rhind-Tutt como 'baddie' inglés
- Pilou Asbæk como Richard
- Analeigh Tipton como Caroline
- Nicolas Phongpheth como Jii
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads